Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Día da Danza: Ao paso dos versos

As Bibliotecas Municipais sumámonos á celebración internacional do día da danza coa campaña Ao Paso dos Versos. Ao longo do 29 de abril todos os nosos espazos virtuais inundaranse desta arte!

Cada 29 de abril desde o ano 1982 celébrase a nivel internacional o Día da Danza, data seleccionada en recordo ao nacemento do bailarín e coreógrafo francés Jean-Georges Noverre (1727-1810) recoñecido como o creador do ballet moderno.

Cada ano o Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro (ITI) encarga a unha personalidade coñecida do mundo da danza a redacción dunha mensaxe e, neste ano 2020, corre a cargo do bailarín, coreógrafo, docente e actor sudafricano Gregory Vuyani Maqoma. As palabras que traslada Maqoma son máis necesarias ca nunca nestes momentos, reproducimos a continuación un breve extracto en galego da mensaxe orixinal (en inglés):

"A medida que bailamos cos nosos corpos caendo no espazo e enredándonos xuntos, convertémonos nunha forza de movemento tecendo corazóns, tocando almas e proporcionando a curación que é tan desesperadamente necesaria. E o desaİo convértese nunha soa danza, invencible e indivisible. Todo o que precisamos agora é bailar un pouco máis!".

Desde as Bibliotecas Municipais apostamos por poñer en valor e difundir esta arte a través da iniciativa #AoPasoDosVersos, uníndonos deste xeito a todas aquelas persoas que nestes días non tiveron motivos polos que bailar, pero atoparon unha razón para facelo.

Ao longo do 29 de abril, nos nosos blogs e nas nosas redes atoparedes contidos desde diferentes perspectivas e para todos os públicos, cun fío conector...a danza!!

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión