Formación, diversión, reflexión e comunicación: Encontros para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos con pais e nais a os 99.
Estes encontros queren ofrecer aos pais e nais un espazo de formación, diversión, reflexión e comunicación en compañía dos seus fillos e fillas. Tentan achegar unha visión sinxela e amena de diversas temáticas sen renunciar ao humor, que axude no exercicio da máis apaixonante responsabilidade: a de Ser Nais e Pais.
Este programa para familias celébrase na Biblioteca Os Rosales por terceiro ano consecutivo e os encontros divídense en 3 bloques temáticos:
• Axudando a crecer... e aprendendo deles!: actividades relacionadas cas artes e as humanidades.
• Facéndonos expertos: actividades relacionadas ca ciencia e o coñecemento.
• Estou a ler... nun intre volvo!: actividades relacionadas cos libros e a lectura.
Estes son os encontros
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible