Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Xeración de cartas de pago

En que consiste?:

É a posibilidade de obtención dos instrumentos de pago de recibos, de liquidacións e autoliquidacións

Recibos de cobro periódico:

- Imposto de Bens Inmobles (IBI), tanto de natureza urbana como rústica

- Imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM)

- Imposto de Actividades Económicas (IAE)

- Taxa de recollida e tratamento de lixos

- Taxa de cemiterios

- Taxa por aparellos distribuidores

- Taxa por entrada de vehículos (vaos)

A quen vai dirixido?:

Titulares de recibos de IBI, IVTM e da taxa de recollida de lixo

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Todo o ano

Presencial

Que se necesita?:

Acreditación da titularidade dos recibos que se solicitan

Como se fai?:

  • De forma presencial no rexistro da Área Económica. Enderezo: rúa da Franxa, 21-22, planta baixa esquerda. C.P. 15001 A Coruña
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Como se fai?:

Na Oficina Virtual do Contribuínte, identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, na opción Recibos e As miñas Liquidacións. Unha vez xerado arquívase na Caixa de correo de documentos da OVC. Esta opción recoméndase sempre que se teña certificado dixital, posto que se obtén o documento de maneira inmediata.

En calquera caso, en aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Oficina Virtual do Contribuínte:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión