Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Reactivación de servizos

Temos a práctica totalidade de servizos activados. Os únicos espazos que permanecerán pechados, por seguridade, serán as bebetecas.

  • Acceso ás bibliotecas

O acceso ás bibliotecas é libre e adaptado ás posibles limitacións que marquen as autoridades sanitarias. Consulta os horarios de cada biblioteca

Só a Biblioteca de Estudos Locais mantén a cita previa. No resto de bibliotecas podes acceder libremente e non é preciso que o solicites previamente, mais podes facelo se o prefires.

O uso de máscara é obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos e en todas as instalacións  haberá xel hidroalcólico para aplicarte nas mans antes da túa entrada. Recoméndase tamén o lavado frecuente de mans con auga e xabón.

  • Actividades

Retomamos a realización de actividades, virtuais ou presenciais segundo a situación sanitaria do momento. No buscador de actividades aparecen todas as abertas á participación do público.

  • Ordenadores de uso público

Volven funcionar con normalidade e, coma sempre, require reserva previa.

  • Prensa

Habilitamos novamente o servizo de prensa, que será retirada diariamente para a súa reciclaxe.

  • Préstamo e devolución dos materiais

Podes levar ata 10 títulos en préstamo por un período de 30 días. Para ampliar información sobre as características e condicións deste servizo, consulta o apartado "Préstamo".

Do mesmo xeito que outras bibliotecas, como por exemplo as da Xunta de Galicia, eliminamos a corentena dos materiais. 

  • Consulta e/ou lectura en sala

O acceso é libre ata ocupar a capacidade máxima, con excepción da Biblioteca de Estudos Locais na que a solicitude é obrigatoria. 

Para asegurar o teu sitio, podes facer a reserva chamando por teléfono ou a través do formulario web (importante: o formulario é unha solicitude e deberás esperar a que che confirmemos a dispoñibilidade). Ten en conta que o acceso para a consulta en sala será asignado exclusivamente nos horarios de apertura de cada biblioteca.

  • Visionado de TV e consolas

Para usar este servizo, que será individual, cada persoa usuaria deberá contar cos seus propios auriculares.

Recomendacións

Queremos que os espazos bibliotecarios sigan sendo espazos amigables e seguros. É conveniente que todas as persoas apliquemos a responsabilidade individual co obxectivo de manter a seguridade colectiva. Só hai que seguir unhas sinxelas recomendacións:

  • ten en consideración todas as indicacións do persoal bibliotecario e avisa de calquera incidencia que observes,
  • respecta o distanciamento social,
  • atoparás xeles nas instalacións. Úsaos. Mantén o teu contorno limpo e seguro.
  • App RadarCovid

É conveniente que todas as persoas instalemos a app oficial de rastrexo da Covid-19. Así, entre todas, contribuiremos a parar o virus.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión