Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Técnico Superior en Paisaxismo e Medio Rural

Nivel de estudos
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
2000 horas
Información xeral
  • Familia Profesional: Actividades agrarias
  • Referente Europeo: CINE-3
Requisitos
  • Título de Bacharel da LOE.
  • Título de Bacharel da LOXSE.
  • curso do bacharelato experimental.
  • Curso de Orientación Universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
  • Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Proporciona os coñecementos necesarios para realizar proxectos de xardín e zonas verdes e xestionar a produción de plantas e a produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humáns dispoñibles, aplicando criterios de rendabilidade económica e cumprindo coa normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción de viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais. Organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa vixente.

Sectores: A área de xestión en grandes, medianas e pequenas empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, adicadas á instalación, restauración e mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica e produción de sementes e prantas en viveiro.

Profesións para as que capacita: Deseñador/a de zonas axardinadas que non requiran a redación dun proxecto; encargado/a da instalación de parques, xardíns e áreas recreativas urbanas e periurbanas; encargado/a de mantemento, conservación e restauración de xardíns e parques (áreas recreativas urbanas e periurbanas e medio natural); traballador/a por conta propia en empresa de xardinaría e restauración da paisaxe; encargado/a de obras de xardinaría e restauración da paisaxe; encargado/a de podas e operacións de cirurxía arbórea; encargado/a ou capataz agrícola de hortas, viveiros e xardíns, en xeral; encargado/a de viveiros en xeral , tanto convencionais coma ecolóxicos; encargado/a de propagación de plantas en viveiro; encargado/a de cultivo de plantas en viveiro; encargado/a de colleita de sementes e froitos en altura; encargado/a de produción de sementes e terróns de céspede.

Plano de estudos
HORAS TOTAIS

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

1º curso

80

Botánica agronómica

212

Xestión e organización do viveiro

107

Fitopatoloxía  

107

Topografía agraria

186

Maquinaria e instalacións agroforestais

160

Deseño de xardíns e restauración da paisaxe

107

Formación e orientación laboral

2º curso

193

Planificación de cultivos

210

Xestión de cultivos

175

Conservación de ardíns e céspedes deportivos

53

Empresa e iniciativa emprendedora

26

 Proxecto de paisaxismo e medio rural.

384

Formación en centros de traballo

Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao.
Máis información

Portal educativo: www.edu.xunta.es/fp

Nos centros onde se imparte:

A Coruña

  • Bergondo: CFEA Guísamo (Tel. 881881055)
Normativa Legal
  • ENSINANZAS MÍNIMAS:  Real decreto 259/2011, do 28 de febreiro (BOE 07-04-2011)
  • CURRICULUM: Orden EDU/1545/2011, do 1 de xuño (BOE 9-06-2011)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión