Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

20 resultados

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Concerto de "Aitor Vázquez Torres", gañador do Premio Composición Musical Andrés Gaos

    Cartaz do evento

    Cando:

    26/09/2026

    A Deputación da Coruña organiza o concerto de Aitor Vázquez Torres, gañador do XVI Premio Internacional de Composición Musical Andrés Gaos, que presentará a súa obra *Sonora*, inspirada na poesía de Chus Pato, Premio Nacional de Poesía 2024. A composición será estreada de maneira absoluta durante o concerto, ofrecendo ao público a oportunidade de escoitar por primeira vez a peza recoñecida nesta edición do prestixioso galardón.

  • AgoraSón, outono 2025

    cartel do evento

    Cando:

    23/10/2026

    Con motivo do Día das Bibliotecas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2026, con Banda da Loba e Icía Varela e Haruna Chatani en concerto.

  • XXVIII Ciclo "Concertos de Outono" no Museo de Belas Artes

    Banner.

    Cando:

    Os domingos 27 de setembro, 11 e 18 de outubro e 22 e 29 de novembro de 2026.

    O Museo de Belas Artes da Coruña organiza o XXVIII Ciclo «Concertos de Outono», unha proposta musical que pon en valor o talento galego e ofrece ao público a oportunidade de gozar do traballo de intérpretes e profesionais da música. O ciclo inclúe unha programación de concertos que achega a música ao espazo museístico e contribúe á difusión da cultura musical galega.

  • Ciclo Tándem no Teatro Colón

    Cartaz do evento

    Cando:

    Os días 3, 4, 18 e 25 de outubro de 2026.

    O Teatro Colón da Coruña acolle o Ciclo Tándem da Deputación da Coruña, unha proposta cultural que, durante as fins de semanas de outubro, fusionará estilos ofrecendo concertos dobres nunha iniciativa que busca combinar diferentes estilos musicais nunha mesma sesión.

  • XV Encontro Artes pola Integración

    cartaz do evento

    Cando:

    Dende o 15/09/2026 ata o 25/10/2026

    A Coruña acolle o XV Encontro Artes pola Integración, un festival pioneiro en Galicia que promove a inclusión social a través da danza, o teatro, a música, os obradoiros e a creación comunitaria. A programación desenvolverase en diferentes espazos da Coruña e Santiago de Compostela, con actividades gratuítas que visibilizan o talento artístico e fomentan a participación cultural.

  • Jazz Filloa. Programación de setembro

    Nota musical

    Cando:

    Dende o 16/09/2026 ata o 30/09/2026

    O Jazz Filloa presenta a súa programación de concertos e jam sessions para o mes de setembro, con diferentes propostas de música en directo.

  • Espazos Sonoros "Persistencias"

    Cartaz do evento.

    Cando:

    Dende o 05/09/2026 ata o 08/10/2026

    Espazos Sonoros é un festival que une música, patrimonio e territorio galego, ofrecendo concertos e actividades en espazos singulares da provincia da Coruña. Unha proposta para descubrir lugares e paisaxes desde unha perspectiva cultural diferente, combinando a experiencia musical co coñecemento e posta en valor do patrimonio.

  • 74 Tempada de Lírica 2026

    Temporada Lírica 2026

    Cando:

    Dende o 16/09/2026 ata o 26/11/2026

    Volve a Tempada de Lírica á cidade da Coruña no 2026 con numerosas actividades durante o primeiro trimestre do ano

  • Inscrición na Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela

    convocatoria de admisión á orquestra e coro da USC

    A Orquestra e Coro da USC abre a convocatoria para incorporar novos membros no curso 2026-2027. A incorporación estará condicionada á realización do correspondente proceso de audición.

  • Ciclo SON&MAR

    Calendario cos concertos

    Cando:

    Dende o 18/09/2026 ata o 11/10/2026

    O ciclo SON&MAR chega á Coruña para converter o porto da cidade nun escenario musical á beira do Atlántico. A programación reúne unha ducia de citas entre setembro e outubro, con propostas que van desde a música electrónica e urbana ata os sons de raíz galega, pasando polos clásicos dos anos 90 e 2000.

resultados 20

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión