19 resultados

22/10/2026
É necesario anotarse previamente no seguinte formulario.
A Biblioteca Verde do CEIDA organiza «Esencia salvaxe», unha experiencia sensorial que combina aromas da natureza, literatura e memoria para explorar a capacidade dos cheiros de evocar recordos e emocións. A través de diferentes aromas e lecturas en voz alta, a actividade convida a descubrir novas formas de sentir e conectar coa natureza no xardín do Pazo de Lóngora.

14/10/2026
A Oficina de Sustentabilidade da UDC organiza para o próximo mércores, 14 de outubro, as seguintes actividades monitorizadas pola Asociación Mobi-Liza, dirixidas ás persoas ciclo-usuarias do Servizo de préstamo de bicicletas da UDC, e ademais abertas á comunidade universitaria.

Os días 31/10/2026, 28/11/2026, 26/12/2026
O Planetario da Casa das Ciencias celebra dúas sesións especiais os últimos sábados de cada mes.

Dende o 17/10/2026 ata o 22/05/2027
A Biblioteca Municipal Os Rosales organiza o Club de Xogos de Mesa, un espazo de encontro interxeracional no que persoas de diferentes idades poden coñecer e desfrutar de xogos en comunidade. Nesta nova edición, o club incorpora como novidade unha liga propia, na que as persoas participantes poderán sumar puntos en cada sesión.

ata o 31/10/2026
A Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña organiza durante o mes de outubro un programa de actividades de voluntariado e participación ambiental que combina o coidado da natureza coa promoción dun estilo de vida saudable e sustentable.

Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de outubro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

Dende o 8 de outubro de 2026 ata esgotar prazas.
A Biblioteca Municipal Ágora organiza «Coa lingua de fóra», un grupo de conversa en galego dirixido a persoas adultas que queiran mellorar a súa expresión oral nun ambiente distendido e afastado da aprendizaxe formal. A actividade, dinamizada por unha persoa nativa, ofrece un espazo de intercambio lingüístico e cultural para practicar o galego e incorporalo ao día a día.

Dende o 05/10/2026 ata o 14/12/2026
O ciclo internacional de poesía Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño e impulsado polo Concello da Coruña, iniciará o vindeiro luns 5 de outubro a programación do primeiro trimestre da súa edición número 18 cun cartel que reunirá na cidade autoras e autores de Polonia, Colombia e Italia xunto a destacadas voces da poesía galega contemporánea.

ata o 28/02/2027
Se queres achegar a túa visión sobre como as persoas novas infórmanse e perciben a información hoxe en día, tes a oportunidade de facelo a través do programa Diálogo da UE coa Mocidade, participando directamente nas decisións que afectan á mocidade sobre este tema.

Dende o 14/11/2026 ata o 19/11/2026
Volve o Festigual un ano máis, celebrando este 2026 dez anos de cultura, inclusión e diversidade. Música, teatro, danza, cinema, artes visuais e novas experiencias nun festival feito para todas.
resultados 19
Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
Dende o 04/10/2026 ata o 30/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible