Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

O Curriculum Vitae

É a presentación breve e ordenada das túas principais experiencias académicas e laborais. O seu obxectivo é dar a coñecer o teu perfil profesional e conseguir unha entrevista de traballo. En orientación laboral diranche como melloralo, pero aí van uns consellos:

  • En primeiro lugar, deberás definir cal é o teu perfil profesional, é dicir, o conxunto de coñecementos, habilidades ou "softs skills" e experiencia que tes. Para axudarche neste proceso, podes utilizar as seguintes ferramentas:
  • Un CV debe ser claro, conciso, concreto e cunha estrutura que facilite a súa lectura.
  • Utiliza palabras clave. As palabras clave son termos específicos relacionados co teu traballo e que as empresas buscan nos currículos para identificar candidaturas.
  • Na experiencia profesional describe cales foron os teus logros ou os teus desempeños en postos anteriores. Sempre é mellor utilizar verbos de acción.
  • Lembra que o CV sempre debe esta adaptado ao posto de traballo ao que se opta.
  • Redacta un currículo completo, que recolla toda a túa vida laboral e as competencias adquiridas, e baseándote nel, prepara currículos para cada oferta de traballo.
  • Coida a presentación destes documentos e revisa a ortografía antes de envialos.
  • Se non se ten moita experiencia de traballo ou ningunha, débese describir calquera experiencia de voluntariado, estudos ou intercambios no estranxeiro, prácticas e outras habilidades que teñas.
  • Currículo web: Utiliza as ferramentas que che ofrece Internet para crear un CV que poderás xestionar, actualizar ou compartir facilmente a través das redes sociais ou correo electrónico. Podes utilizar Que é o Europass?

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión