13 resultados

Dende o 16/10/2026 ata o 18/10/2026
O Centro Comercial Os Rosales (A Coruña) acolle a celebración dunha nova edición da Feira de Minerais do 15 ao 17 de Outubro de 10:00 a 21:00 h.

O 24 de outubro e 12 de decembro de 2026, e o 20 de febreiro e 10 de abril de 2027.
O Centro de Arte da Fundación María José Jove organiza «Preguntas ao clima», unha visita-taller dirixida a familias que convida a descubrir, a través das obras da Colección Permanente, como as persoas e outros animais adáptanse a distintos climas e afrontan desafíos como a calor, a falta de auga e os cambios na contorna.

Dende o 27/10/2026 ata o 30/01/2027
A Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «Verde. Natureza e paisaxe», unha mostra que reúne preto de medio centenar de artistas para trazar un percorrido pola presenza da natureza e a paisaxe na creación artística galega, desde o século XIX ata a actualidade.

Dende o 01/10/2026 ata o 30/10/2026
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle a mostra bibliográfica "Elas pisaron a lúa", unha proposta que busca darlles visibilidade ás mulleres que, malia as súas achegas á literatura, á ciencia e á sociedade, foron silenciadas ou relegadas ao esquecemento.

Dende o 14/10/2026 ata o 09/01/2027
A Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «Vítor Mejuto. Coruña ciudad», unha mostra que invita a redescubrir a cidade a través da mirada do artista sobre as formas da arquitectura cotiá, os seus detalles e solucións construtivas.

Dende o 01/10/2026 ata o 31/10/2026
O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de outubro, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.

Dende o 14/11/2026 ata o 19/11/2026
Volve o Festigual un ano máis, celebrando este 2026 dez anos de cultura, inclusión e diversidade. Música, teatro, danza, cinema, artes visuais e novas experiencias nun festival feito para todas.

Os días 15 e 29 de outubro, 12 e 26 de novembro e 10 de decembro de 2026; 21 de xaneiro, 4 e 18 de febreiro, 4 e 18 de marzo, 1, 15 e 29 de abril e 13 e 27 de maio de 2027.
Dende o 25/09/2026 ata o 27/05/2027
O Centro de Arte da Fundación María José Jove organiza o percorrido comentado «Habitar o inesperado», unha proposta que convida a descubrir diferentes formas de achegarse, percorrer e activar tanto a Colección Permanente como as exposicións temporais. A través dunha visita guiada, as persoas participantes poderán explorar as obras e os espazos do centro desde novas perspectivas.

Dende o 01/10/2026 ata o 16/10/2026
O Fórum Metropolitano acolle a exposición fotográfica “Camiños”, unha proposta do colectivo Ollo de Vidro.

Dende o 19/10/2026 ata o 02/11/2026
O Fórum Metropolitano acollerá unha exposición de fotografía micropictórica da artista More de la Cal.
resultados 13
Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
Dende o 04/10/2026 ata o 30/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible