11 resultados

Dende o 20/10/2026 ata o 22/10/2026
Dende o 09/10/2026
A biblioteca pública Miguel González Garcés organiza un obradoiro no que as persoas participantes aprenderán a técnica de encadernación cruzada.

De outubro de 2026 até xuño de 2027 (Distintas datas dependendo da actividade).
"Mundos agochados" é o novo programa de educación ambiental do CEIDA, que convida a achegarse á natureza de proximidade e a descubrir a biodiversidade que habita nas nosas contornas cotiáns.

Dende o 30/09/2026 ata o 06/10/2026
III Semana da Paleontoloxía. Ao longo da semana, persoal investigador e especialistas en paleontoloxía participarán nun programa que combina o ciclo de conferencias, actividades prácticas dirixidas a centros educativos, encontros informais con investigadores, cinema e propostas familiares.

03/10/2026
Volve un ano máis a Feira OSHWDem (Open source Hardware Demonstration) de tecnoloxía aberta que se celebra na Domus con acceso gratuíto.

Dende o 25/09/2026 ata o 04/10/2026
Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com
Este venres 25 de setembro, abre o prazo para achegar proxectos e ideas para a nova edición de Nocturnia Outono 2026, o programa de lecer saudable, para mozas e mozos de 12 a 30 anos, que ofrece a área de Benestar Social a través do Servizo Municipal de Mocidade do Concello da Coruña.

Os mércores 14 e 21 de outubro, 4 e 18 de novembro, e 2 e 16 de decembro.
A Fundación Luis Seoane organiza «Menos é máis», un obradoiro de escritura creativa coordinado polo escritor Fernando Ontañón que invita a depurar o estilo e explorar unha escritura máis clara, sinxela e literaria. A partir da lectura e análise de «Ay, William», da autora estadounidense Elizabeth Strout, as persoas participantes traballarán sobre as claves dunha narrativa baseada en palabras precisas, historias próximas e diálogos veraces.

Dende o 06/10/2026 ata o 10/11/2026, os martes
Dende o 29/09/2026
ás 10:00 h.
Este obradoiro propón unha aproximación práctica á creación de visuais en directo a partir de secuencias fotográficas. Ao longo das sesións abordarase un método de traballo que parte da fotografía como unidade básica, entendida non só como imaxe fixa, senón como material narrativo e rítmico.

A Asociación por unha mobilidade responsable, ofrecen un taller social autoxestionado -Recyclos- de uso gratuíto para calquera persoa asociada ou non. Este servizo, trátase dun espazo de aprendizaxe e apoio técnico no que ti participas activamente nas tarefas de mantemento e reparación da túa propia bicicleta contando coa axuda dunha persoa que che dá soporte no que debes facer.

Setembro 2026 - xuño 2027.
O Circo de Artesáns abre as inscricións para as clases de teatro, karate e labores.

Dende o 12/10/2026 ata o 24/05/2027, os luns
Dende o 08/09/2026 ata o 09/10/2026
A Fundación María José Jove organiza o taller infantil "Laboratorio de Cómics, Lettering e Ilustración" unha actividade extraescolar que potencia nos/as nenos/as a creatividade narrativa, a expresión emocional e a coordinación psicomotriz ao fusionar a escritura co debuxo.
resultados 11
Dende o 04/10/2026 ata o 30/10/2026
Dende o 25/09/2026 ata o 04/10/2026
Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com
O programa AIX desenvolverase de novembro 2026 a maio 2027
Prazo de envío de solicitudes do 25/09/2026 ata o 13/10/2026, ambos incluidos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible