Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

37 resultados

  • Rede Galega de Teatros e Auditorios: inscrición de espectáculos escénicos e concertos para o 1º semestre de 2027

    algúns auditorios da Galicia

    Inscricións:

    Ata o 19/10/2026

    A Axencia Galega das Industrias Culturais abre o prazo de inscrición de espectáculos escénicos e concertos no catálogo da Rede Galega de Teatros e Auditorios a partir do que os espazos adheridos configurarán a programación do primeiro semestre de 2027 ao abeiro do circuíto autonómico.

  • Bolsas para cursos de verán en universidades alemás 2027

    infografía con resumo convocatoria

    Cando:

    entre os meses de xuño e setembro.

    Inscricións:

    Ata o 30/10/2026

    O Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD) convoca bolsas para realizar cursos de verán en universidades alemás durante o ano 2027.

  • Axudas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade

    Cartel de taxi.

    Inscricións:

    Ata o 09/11/2026

    O Concello da Coruña convoca as axudas dirixidas a persoas residentes no termo municipal da Coruña, cunha discapacidade que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos.

  • 3 bolsas de formación sobre comunicación institucional, interna e externa, no Senado

    Persoa con um teléfono móbil nas mans.

    Inscricións:

    Ata o 22/10/2026

    A Mesa do Senado convoca bolsas de formación sobre comunicación institucional interna e externa relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2027, con destino na Dirección de Comunicación e dirixidas a mozas con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

  • 2 bolsas de formación xurídico-política no Senado

    Mozo nunha biblioteca.

    Inscricións:

    Ata o 29/10/2026

    A Mesa do Senado convoca bolsas de formación xurídico-política relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2027, con destino na Dirección de Estudos e dirixidas a mozos con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

  • 10 bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria no Senado

    Arquivadores.

    Inscricións:

    Ata o 29/10/2026

    A Mesa do Senado convoca dez bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, relacionada coa actividade oficial do Senado para o ano 2027, con destino na Dirección de Documentación e dirixidas a mozas con titulación universitaria que desexen especializarse nestes campos.

  • Programa de Axudas para Promover o Acceso ao Emprego Público das Persoas con Discapacidade

    Cartel das bolsas.

    Inscricións:

    Ata o 16/10/2026

    O programa concede axudas de ata 5.000 euros, para que persoas con discapacidade con titulación universitaria leven a cabo a preparación das probas selectivas de acceso a corpos ou escalas do grupo de clasificación profesional “A” (A1 ou A2) da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais.

  • Préstamo ordenadores portátiles - Estudantado UDC curso 26/27

    Unha persoa prestando un portátil a outra.

    Inscricións:

    Ata o 22/10/2026

    A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade fai pública esta convocatoria de préstamo de ordenadores portátiles destinada ao estudantado matriculado na Universidade da Coruña (UDC) no curso 2026/27 en titulacións oficiais de grao e mestrado que se atope en situación de dificultade e non estea a dispoñer dun ordenador que lle permita o normal seguimento das súas actividades académicas ao longo do curso.

  • Bolsa Joana Biarnés para Mozas Fotoperiodistas

    Rostro de Joana Biarnés

    Inscricións:

    Dende o 14/09/2026 ata o 16/11/2026

    A Bolsa Joana Biarnés para Mozas Fotoperiodistas permite desenvolver investigacións fotoperiodísticas en profundidade, dentro do territorio estatal, acerca de temas sobre os que a nosa sociedade necesita reflexionar.

  • Bolsas Cátedra para estudantes do Máster de Acceso á Avogacía e Procura

    Bolsas Cátedra

    Inscricións:

    Ata o 21/10/2026

    ata as 13:00h.

    Fundación Mutualidade convoca 150 bolsas para estudantes que estean matriculados/as ou cursando o Máster Universitario de Acceso ás profesións de avogacía e procura durante o curso académico 2026/2027 en calquera das escolas de práctica xurídica, universidades e centros do territorio do Estado español.

resultados 37

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión