14 resultados

Ata o 22/09/2026
prazo ampliado.
No marco do Congreso DATAfórum Xustiza 2026, que terá lugar os días 21, 22 e 23 de outubro de 2026 na Coruña, lánzase a convocatoria artística “Arte e xustiza na era dos datos” co obxectivo de vincular elmundo da arte, a historia, a xustiza e a tecnoloxía nunha exposición colectiva de alto valor simbólico e plástico. Disciplinas artísticas admitidas: • Pintura • Fotografía • Escultura • Arte dixital

Ata o 20/10/2026
Eurostars Hotel Company convida a afeccionados e profesionais da fotografía para participar no XXIV Premio Eurostars Grand Mariña de Fotografía Josep Juanpere 2026. Para iso deberán compoñer trípticos inspirados na temática “Barcelona, capital mundial da arquitectura”

Dende o 01/09/2026 ata o 30/09/2026
Cos premios do programa Xuventude Crea, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, trata de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ (disc-jóckey), fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

Ata o 16/10/2026
A Fundación Ankaria convoca a quinta edición de Ankaria Photo, Premio Internacional de Fotografía do Século XXI, unha convocatoria aberta a artistas visuais de calquera lugar do mundo.

Ata o 08/10/2026
O Concello de Palma convoca o Premio Ciutat de Palma de Artes Visuais, coa finalidade de apoiar a creación artísticacontemporánea, contribuír ao dinamismo do sector das artes visuais e recoñecer o labor desenvolvido polos/as creadores/as.

Ata o 31/10/2026
A Fundación dos Ferrocarrís Españois convoca a 33.ª edición do concurso fotográfico Camiños de Hierro, unha iniciativa que desde fai máis de tres décadas promove a creatividade artística en torno ao mundo do ferrocarril.

Ata o 25/01/2027
Eurostars Hotel Company convida a participar no XIII Premio Eurostars Madrid Tower de Fotografía 2026. A temática desta edición é "Fachadas de Madrid".

Ata o 11/10/2026
Médicos do Mundo convoca a 30.ª edición do Premio Internacional Luís Valtueña, destinada a recoñecer e divulgar os mellores traballos de fotografía humanitaria e documental, aqueles que de forma singular evidencien problemáticas sociais, inxustizas e/ou abusos dos dereitos das persoas, así como as situacións que os propician ou os combaten.

Ata o 02/10/2026
ás 14:30 h
O Concello de Ortigueira, a través da Concellería de Turismo e Patrimonio, pon en marcha a terceira edición do concurso de fotografía “Ortigueira nunha foto”, que ten como obxectivo fomentar a participación social e promover a fotografía como medio de expresión para reflectir a variedade e riqueza paisaxística, patrimonial e cultural do municipio.

Ata o 08/11/2026
A Fundación Aliados pola Integración, en colaboración co INICO, promove o Concurso de Fotografía Internacional ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’. Este certame pretende sensibilizar a sociedade a través de imaxes que mostran unha perspectiva normalizadora e integradora das persoas con discapacidade.
resultados 14
17/09/2026
Ata o 13/10/2026
Ata o 02/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible