14 resultados

Ata o 20/11/2026
ás 14:00 h
A Delegación do Goberno en Galicia convoca o concurso de relato curto “Relatos da liberdade”, co obxectivo de fomentar a creación literaria e achegar á mocidade os valores da democracia, os dereitos e as liberdades.

Ata o 20/11/2026
A Asociación de Antigo Alumnado e Amizade da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) convoca o XIX Premio de Relato Curto, aberto ao público en xeral, para recoñecer unha obra literaria inédita escrita en lingua galega.

Ata o 15/10/2026
A Asociación Sindical Galega de Guionistas, AGAG, convoca o VIII Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego para Longametraxe.

Ata o 15/10/2026
A Fundación Fernando Rielo convoca e patrocina o XLVI Premio Mundial de Poesía Mística.

Ata o 14/10/2026
Ou Concello de Dodro convoca a XXXIX edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, un certame destinado a promover a poesía galega e homenaxear a memoria do poeta que lle dá nome.

Ata o 18/10/2026
O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convocan, en colaboración coa Xunta de Galicia e Culturalia GZ, o IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a sua conservación e, ao mesmo tempo, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.

Ata o 30/11/2026
O Concelllo de Lalín convoca o XXXIII Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico "Álvaro Cunqueiro", organizado en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, entidades gastronómicas galegas e a Axencia Turismo de Galicia, que ten como obxectivo difundir a gastronomía galega e recoñecer o traballo de xornalistas, escritores e estudantes.

Ata o 23/03/2027
O Concelo de Ribeira convoca unha nova edición do Concurso Internacional de novela curta “Cidade Centenaria de Ribeira”.

Ata o 19/10/2026
ás 15.00 h
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca o Concurso Nacional "Unha Constitución para todos" correspondente ao ano 2026, co obxectivo de estimular e promover no alumnado a reflexión sobre o valor, a importancia e o papel que xoga na vida cotiá a nosa Constitución.

Ata o 13/10/2026
O Concello de Nava a través da súa Concellería de Cultura e co obxecto de alentar, promover e apoiar a creación literaria, convoca o VII Premio de NOVELA CURTA DE TERROR E HISTORIAS FANTÁSTICAS: “Casa de Cultura Marta Portal”.
resultados 14
Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
Dende o 04/10/2026 ata o 30/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible