O programa de lecer saudable NOCTURNIA, que ofrece a Concellaría de Igualdade, Benestar social e Participación Cidadá, co financiamento do Ministerio de Sanidade e Benestar social, concibe un novo uso do chamado tempo libre, entendido como unha vivencia gratuíta e enriquecedora que sempre está contextualizada e relacionada cos nosos valores.
Será unha fin deste programa fomentar propostas de lecer participativo, socioeducativo, de carácter lúdico e aberto nas que poder aproveitar o potencial educativo do lecer para:
O programa preséntase, durante o ano, en 2 edicións cunha duración de entre 9 e 10 meses, nas que se ofertan ao redor de 4.000 prazas en actividades multidisciplinares gratuítas para a mocidade.
Durante os meses previos á realización do programa, realízanse convocatorias dirixidas a colectivos, entidades e ao público en xeral a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Xuventude, para que participen na elaboración e deseño da proposta, xerando así un proxecto global de paticipación xuvenil.
As actividades propostas artellan os catro eixos nos que xira o programa: ámbito deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo.
O programa Lecer Saudable Nocturnia vai dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.
Nas últimas edicións hai unha vontade de desenvolver e reforzar actividades dirixidas especificamente ao tramo que vai desde os 12 aos 17 anos, nas que o modelo de lecer nocturno non está consolidado, dando prioridade á educación para o lecer e creando un abano de posibilidades que lles permita nun futuro diversificar as súas opcións e contar con máis alternativas para o seu tempo libre. Estas actividades concéntranse en horarios máis temperáns ou diúrnos, tratando de conxugalas co seu público obxectivo.
Nocturnia consta de tres edicións repartidas ao longo do ano na forma que se expoñen a continuación:
As actividades de Nocturnia desenvólvense durante a fin de semana, principalmente, en horario de tarde/noite.
O custo é gratuíto para as persoas participantes inscritas previamente nas actividades.
Toda a información do programa pode atoparse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso á información a todas as persoas destinatarias.
A cartelaría e folletos do programa está dispoñible en:
As actividades realízanse en diferentes espazos segundo a súa natureza, co fin de achegar a todos os barrios da cidade as diferentes propostas enmarcadas en Nocturnia.
Algúns dos espazos nos que se desenvolven as actividades son:
Algunhas das entidades que veñen de colaborar nas últimas edicións de Nocturnia son:
Dende o 04/12/2024 ata o 20/12/2024
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 07/03/2025 ás 08:30 , 14/03/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 15/11/2024 ata o 07/12/2024
con diferentes prazos de inscrición para cada actividadeSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible