Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

4 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Voluntariado Monte da Fraga: Establecemento de microhábitats para o fomento da biodiversidade

    cartel da actividade con debuxo dunha charca co pedras arredor dela

    Cando:

    18/10/2026

    O obxectivo desta nova acción no Monte da Fraga, programada pola Oficina de Sustentabilidade da UDC, será o establecemento de microhábitats que cumpran unha dobre función: fornecer espazos de acubillo e asentamento para a fauna e flora silvestres, ao tempo que acondicionar unha barreira física arredor da charca do Monte da Fraga, procurando a súa perdurabilidade. Para isto será preciso amorear a man diferentes materiais (pedras, lousas e tocóns), aos que iredes dando forma arredor da charca. Unha nova acción a prol do patrimonio natural deste espazo, que será monitorizada polo Grupo Naturalista Hábitat.

  • XII Outubro UDC Saudable e Sustentable

    Ilustracións de elementos da natureza como rios, vagalume, persoas limpando praias, cadros e balados de pedra

    Cando:

    ata o 31/10/2026

    Inscricións:

    Ficha de inscrición.

    A Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña organiza durante o mes de outubro un programa de actividades de voluntariado e participación ambiental que combina o coidado da natureza coa promoción dun estilo de vida saudable e sustentable.

  • Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo | Corpo Europeo de Solidariedade

    Foto dunha charla pasada

    Cando:

    29/10/2026

    A Fundación Paideia Galiza organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado na UE, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidariedade. Queres saber en que consiste programa de mobilidade europea do Corpo Europeo de Solidariedade? Que cobre? Como solicitar un proxecto?

  • Antenas de Información Xuvenil curso 2026-2027

    Cartel do programa de Antenas 2026-2027

    Cando:

    O programa AIX desenvolverase de novembro 2026 a maio 2027

    Inscricións:

    Prazo de envío de solicitudes do 25/09/2026 ata o 13/10/2026, ambos incluidos

    O Concello da Coruña, a través da Concellaría da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade convoca o programa educativo “Antenas de Información Xuvenil (AIX)” para o curso escolar 2026/2027, dirixido aos centros de ensino públicos e concertados que imparten ESO e Bacharelato, IES, CIFP, a Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música, entre outros.

resultados 4

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión