7 resultados

Dende o 24/09/2026 ata o 20/12/2026
Festival de cinema, no Teatro Colón, con grandes clásicos proxectados en versión orixinal subtitulada. Ao final de cada proxección desenvolverase un debate con distintas personalidades do ámbito cultural.

Dende o 16/09/2026 ata o 19/09/2026
A ONG A.I.R.E. organiza en setembro no Fórum Metropolitano a 8ª edición de “Os ollos abertos", o ciclo de cinema gratuíto que aborda, desde diferentes perspectivas, as loitas sociais e colectivas, os dereitos humanos, a igualdade e a participación cidadá. Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio para afondar na temática proposta pola película e xerar un espazo de reflexión e diálogo.

Dende o 08/09/2026 ata o 30/09/2026
A Filmoteca de Galicia presenta a súa programación para o mes de setembro que inclúe os ciclos temáticos "Vittorio de Sica", "Viola Stephan", "Kleber Mendonça Filho (I)", "OFF Galicia" e "Fóra de serie".

Dende o 02/09/2026 ata o 26/09/2026
O Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) dá a coñecer a programación de cinema para o mes de setembro nos cines do Fórum Metropolitano.

Os días 10/09/2026, 01/10/2026, 05/11/2026, 03/12/2026
Programación Docs do mes nos cines do Fórum Metropolitano.

Os días 11 e 12 de setembro, 2 e 3 de outubro, 6 e 7 de novembro e 4 e 5 de decembro de 2026.
O Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) organiza nos cines do Fórum Metropolitano unha nova edición de "Cinemanía clásico", un ciclo que recupera grandes títulos da historia do cinema entre setembro e decembro.

24/09/2026
A sede Afundación de Coruña acolle o ciclo Medicina e Filosofía, impulsado polo Capítulo Hipocrático da Sociedade Española de Cardioloxía e o Círculo de Belas Artes, un espazo de encontro entre a medicina, o pensamento e a sociedade. A través de distintas sesións, este ciclo propón unha reflexión aberta sobre os valores humanísticos da profesión sanitaria, abordando temas clave desde unha perspectiva multidisciplinar.
resultados 7
17/09/2026
Ata o 13/10/2026
Ata o 02/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible