Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

EURES é unha iniciativa da Unión Europea que nace co obxecto de lle axudar á cidadanía da UE, os países do Espazo Económico Europeo (Noruega, Islandia e Liechtenstein), e Suíza a atopar traballo noutros países membros durante todo o ano, á vez que pon á súa disposición unha rede de conselleiros. O acceso e a utilización da rede EURES son gratuítos para as persoas traballadoras e empresarios/as.

O portal da Rede EURES

A Rede Eures utiliza un sistema informático en todas as linguas oficiais da UE, e a súa función principal é dar INFORMACION SOBRE AS OFERTAS E DEMANDAS DE EMPREGO NOS PAISES DA UE e do EEE, así como sobre as condicións de vida e de traballo nos devanditos países.

A través da súa páxina web poderás:

  • Consultar ofertas de emprego de 31 países europeos que se actualizan en tempo real.
  • Rexistrarte como solicitante de emprego, redactar o teu CV e poñelo a disposición dos empresarios rexistrados e dos conselleiros EURES que lles axudan a atopar os candidatos idóneos.
  • Ademais entrando na sección «Vida e traballo», terás información sobre a situación do emprego e as condicións de vida e de traballo noutro país do EEE.

Rede de conselleiros EURES

Os conselleiros EURES son especialistas formados que prestan os tres servizos básicos de EURES de información, orientación e colocación, tanto aos solicitantes de emprego como aos empresarios interesados no mercado laboral europeo.

Para buscar o teu conselleiro EURES, utiliza o buscador do portal.

Nalgúns países tamén é posible a utilización dun Chat En liña.

Conselleiro Eures Coruña

Xunta de Galicia, Servizo Público de Emprego de Galicia

  • Dirección: Gregorio Hernández, 2-4, 15011 A Coruña
  • Coordinación na provincia da Coruña: Covadonga López
  • Teléfono: +34 881 881 333 (é necesario pedir cita)
  • Correo electrónico: eures-coruna.lopez@sepe.es

EUROPASS

É unha ferramenta web creada pola UE para facilitar a procura de traballo tanto en España como en todo o ámbito europeo.

No teu perfil de Europass podes inscribir todas as experiencias laborais, educativas e de formación, capacidades lingüísticas, capacidades dixitais, información sobre proxectos, experiencias de voluntariado e outras realizacións. Ademais, cada persoa usuaria pode conservar os seus títulos, cartas de referencia e demais documentos na súa biblioteca Europass.

Contén un editor de CV moi útil e outras ferramentas que che poden axudar a coñecer cales son as túas competencias ou necesidades de formación.

Axudas á mobilidade EURES

PLAN ESPECÍFICO DE MOBILIDADE (PEM) DE EURES

O Plan específico de mobilidade (PEM) de EURES bríndalles apoio ás persoas solicitantes de emprego para que superen os desafíos que supón traballar no estranxeiro. Pode ofrecer asignacións para fins concretos e financiar os cursos de idiomas, o recoñecemento das cualificaciones e os gastos de viaxe e manutención.

Tes toda a info en https://www.sepe.es/

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión