Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
276 resultados

Aberto ata o 31 de decembro de 2026.
Santander Open Academy ofrece este curso en liña e gratuíto co que aprenderás ferramentas útiles para detectar ameazas, evitar estafas e moverche con confianza no mundo en liña.

Dende o 16/10/2026 ata o 18/10/2026
O Centro Comercial Os Rosales (A Coruña) acolle a celebración dunha nova edición da Feira de Minerais do 15 ao 17 de Outubro de 10:00 a 21:00 h.

31/10/2026
A Asociación Veciñal Agra do Orzán organiza no auditorio do Centro Sociocultural Ágora a representación teatral «Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete», de Castelao, unha adaptación dirixida por Lucho Penabade que combina humor e reflexión sobre temas como a emigración, a defensa da lingua galega e a memoria histórica.

O Ministerio de Sanidade convoca procesos selectivos, por concurso-oposición, para acceso á condición de persoal estatutario fixo en prazas das categorías de Enfermeiro/a, Fisioterapeuta, Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico e Biomédico, e de Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicamento Nuclear.

22/10/2026
A Biblioteca Verde do CEIDA organiza «Esencia salvaxe», unha experiencia sensorial que combina aromas da natureza, literatura e memoria para explorar a capacidade dos cheiros de evocar recordos e emocións. A través de diferentes aromas e lecturas en voz alta, a actividade convida a descubrir novas formas de sentir e conectar coa natureza no xardín do Pazo de Lóngora.

26/10/2026
Dentro do ciclo Aula Aberta da Agrupación Cultural Alexandre Boveda, en colaboración co Grupo Illa da UDC, terá lugar a palestra "A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas", impartida por Lucía Sánchez Cal.

O concello de Lousame convoca proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición libre, para a cobertura dunha (1) praza de Oficial de Segunda e Tractorista.

O concello de Mugardos convoca proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliar administrativo polo procedemento de oposición libre.

Outubro - Novembro 2026.
O Servizo de Participación Cidadá e Innovación do Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición da Escola de Participación, cun programa de cursos e obradoiros gratuítos para apoiar e fortalecer o tecido asociativo e ofrecer novos espazos de aprendizaxe á cidadanía da Coruña.

Formación en liña gratuíta e flexible.
resultados 276
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible