Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Seguridade dixital para a túa día a día - Curso Santander Open Academy

    Cando:

    Aberto ata o 31 de decembro de 2026.

    Santander Open Academy ofrece este curso en liña e gratuíto co que aprenderás ferramentas útiles para detectar ameazas, evitar estafas e moverche con confianza no mundo en liña.

  • II Feira de Minerais da Coruña

    Cando:

    Dende o 16/10/2026 ata o 18/10/2026

    O Centro Comercial Os Rosales (A Coruña) acolle a celebración dunha nova edición da Feira de Minerais do 15 ao 17 de Outubro de 10:00 a 21:00 h.

  • Teatro-musical: "Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete", de Castelao

    Cando:

    31/10/2026

    A Asociación Veciñal Agra do Orzán organiza no auditorio do Centro Sociocultural Ágora a representación teatral «Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete», de Castelao, unha adaptación dirixida por Lucho Penabade que combina humor e reflexión sobre temas como a emigración, a defensa da lingua galega e a memoria histórica.

  • Prazas de persoal sanitario en Institucións Sanitarias do INGESA

    Inscricións:

    Ata o 04/11/2026

    O Ministerio de Sanidade convoca procesos selectivos, por concurso-oposición, para acceso á condición de persoal estatutario fixo en prazas das categorías de Enfermeiro/a, Fisioterapeuta, Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico e Biomédico, e de Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicamento Nuclear.

  • Esencia salvaxe: experiencia sensorial entre aromas, literatura e natureza

    Cando:

    22/10/2026

    Inscricións:

    É necesario anotarse previamente no seguinte formulario.

    A Biblioteca Verde do CEIDA organiza «Esencia salvaxe», unha experiencia sensorial que combina aromas da natureza, literatura e memoria para explorar a capacidade dos cheiros de evocar recordos e emocións. A través de diferentes aromas e lecturas en voz alta, a actividade convida a descubrir novas formas de sentir e conectar coa natureza no xardín do Pazo de Lóngora.

  • Ciclo Aula Aberta. A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas

    Cando:

    26/10/2026

    Inscricións:

    É preciso facer unha inscrición previa.

    Dentro do ciclo Aula Aberta da Agrupación Cultural Alexandre Boveda, en colaboración co Grupo Illa da UDC, terá lugar a palestra "A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas", impartida por Lucía Sánchez Cal.

Convocatorias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión