Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

25 resultados

  • Ciclo Aula Aberta. A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas

    Cartel da actividade.

    Cando:

    26/10/2026

    Inscricións:

    É preciso facer unha inscrición previa.

    Dentro do ciclo Aula Aberta da Agrupación Cultural Alexandre Boveda, en colaboración co Grupo Illa da UDC, terá lugar a palestra "A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas", impartida por Lucía Sánchez Cal.

  • Mulleres libertarias na Galiza

    Cartel oficial da actividade

    Cando:

    23/10/2026

    Inscricións:

    É preciso facer unha inscrición previa.

    O venres 23 de outubro ás 19.30 h. terá lugar a palestra "Mulleres libertarias na Galiza", impartida polo historiador e bibliotecario Eliseo Fernández, na Agrupación Cultural Alexandre Boveda.

  • O galego é a túa casa: grupo de conversa en galego na ACAB

    Persoas sentadas en círculo conversando

    Cando:

    Dende o 19/10/2026, os luns

    A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza «O galego é a túa casa», un grupo de conversa en galego pensado para persoas que están comezando a falar a lingua ou que queren gañar confianza e soltura na expresión oral.

  • Roteiro en bici e Charla-obradoiro de ergonomía, mecánica e condución segura da bicicleta

    Cartel da actividade: ilustración de persoas montando en bicicleta.

    Cando:

    14/10/2026

    A Oficina de Sustentabilidade da UDC organiza para o próximo mércores, 14 de outubro, as seguintes actividades monitorizadas pola Asociación Mobi-Liza, dirixidas ás persoas ciclo-usuarias do Servizo de préstamo de bicicletas da UDC, e ademais abertas á comunidade universitaria.

  • Venres da UNED

    A IA tamén ten acento: padróns que delatan un texto xerado automaticamente

    A Aula UNED Ferrol organiza este ciclo de divulgación científica e cultural. Conferencias gratuítas previa inscrición. Podes elixir a asistencia presencial ou a asistencia en liña en directo ou en diferido.

  • 30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza

    cartel da palestra

    Cando:

    14/10/2026

    A Agrupación Cultural Alexándre Bóveda acolle a palestra itulada 30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza co historiador Carlos Diegues, que explicará cal foi o substrato do memorialismo galego e identificará os colectivos e as actividades memorialísticas máis destacadas durante o período 1977-2007.

  • Conversas naturalistas: coleópteros e libros

    Cartel da actividade.

    Cando:

    15/10/2026

    A Biblioteca Verde do CEIDA recupera as súas "Conversas naturalistas", un espazo para achegarnos á natureza a través da ollada de persoas que adicaron boa parte da súa vida ao seu estudo e divulgación, así como os libros que nos axudan a coñecela, comprendela e descubrir a súa extraordinaria diversidade.

  • Presentación do libro “No me rompí del todo” de María Timiraos na Biblioteca Fórum Metropolitano

    Cartaz do evento.

    Cando:

    19/10/2026

    A Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano acolle a presentación do libro “No me rompí del todo” de María Timiraos, no marco do ciclo «Luns de encontros».

  • Encontros para familias: Coidarte tamén é maternar. A saúde mental materna

    Cartel do encontro

    Cando:

    12/11/2026

    Inscricións:

    Dende o 05/11/2026 ata o 11/11/2026

    Un encontro dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos, a cargo de Pilar Carballeira, psicóloga especializada non ámbito perinatal, para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.

  • Encontros para familias: Por que falar de saúde mental cos nosos fillos e fillas?

    Cartel do encontro

    Cando:

    22/10/2026

    Inscricións:

    Dende o 15/10/2026 ata o 21/10/2026

    Un espazo para familias e persoas interesadas non benestar emocional das crianzas. Tendo un espazo para compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.

resultados 25

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión