Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

45 resultados

  • Premios nacionais Consumópolis curso académico 2026-2027

    Consumópolis logo

    Inscricións:

    Dende o 05/10/2026 ata o 01/03/2027

    O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 convoca os premios nacionais do concurso escolar Consumópolis para o curso académico 2026-2027 que ten como obxectivo favorece a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes que posibilitan a construción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable.

  • XXXVIII Concurso Novos Creadores 2026

    Cartel do concurso

    Inscricións:

    Ata o 30/12/2026

    Benidorm convoca a XXXVIII edición do Concurso de Novos Creadores de Pintura e Escultura, unha iniciativa da Concellaría de Mocidade dirixida a novos artistas.

  • Concurso de fotografía José Gestal «Cardoña»

    Diaframma fotografia

    Inscricións:

    Ata o 15/12/2026

    A Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral convoca o I Concurso de Fotografía José Gestal “Cardoña”, co obxectivo de reivindicar a figura e a obra deste fotógrafo histórico e representativo de toda unha época da cultura galega.

  • I Premio de Iniciación a Investigación da Cátedra Institucional Rosalía de Castro 2026

    Cartel do premio.

    Inscricións:

    Ata o 15/10/2026

    Co obxectivo de incentivar o talento mozo no eido da investigación literaria, histórica e cultural, así como de espallar o coñecemento da Cátedra Institucional Rosalía de Castro da USC na sociedade, abrindo a súa esfera de actuación ás universidades do SUG, ás do resto do Estado e ás estranxeiras, a Vicerreitoría de Innovación e Transferencia do Coñecemento resolve convocar o I Premio de Iniciación á Investigación para Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster da Cátedra Institucional Rosalía de Castro.

  • Premios Youtubeiras+ 2026

    cartel Youtubeiras+ 2026

    Inscricións:

    Ata o 15/11/2026

    ás 23:59 h.

    Os Premios Youtubeiras+ teñen como finalidade estimular a creación en galego en todas as redes sociais con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na rede. Trátase dunha iniciativa de dinamización lingüística da que na actualidade forman parte a Deputación da Coruña, as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e varios concellos de Galicia.

  • II Concurso Fotográfico “Malpica, Natureza en Olladas”

    Cartel do certame

    Inscricións:

    Ata o 30/10/2026

    ás 23:59 h.

    O Concello de Malpica de Bergantiños convoca a 2ª edición do concurso fotográfico denominado "Malpica, natureza en olladas" co obxecto de que as fotografías gañadoras se recollan no calendario do Concello de Malpica de Bergantiños para o ano 2027.

  • Explora Europa con DiscoverEU

    Tren circulando á beira do mar.

    Inscricións:

    Dende o 01/10/2026 ata o 15/10/2026

    ás 12.00 horas

    DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece, a través dun bono de viaxe, a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu rico patrimonio cultural e a súa historia, percorrer as súas vibrantes cidades, descubrir a súa maxestosa natureza e conectar con persoas de todo o continente.

  • XX Premios Estratexia NAOS, edición 2026

    Cartel Estratexia NAVES: come san e móvete!

    Inscricións:

    Ata o 04/12/2026

    O Ministerio De Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, pola que se convocan os Premios Estratexia NAOS, edición 2026. A concesión destes premios inclúese no marco da Estratexia NAOS que pretende impulsar as iniciativas que entre os seus obxectivos básicos impulsen a prevención da obesidade e outras enfermidades non transmisibles derivadas, a través dunha alimentación saudable e a práctica regular de actividade física.

  • V Premio Almuzara de pintura

    Cartel do concurso

    Inscricións:

    Dende o 01/09/2026 ata o 15/10/2026

    Editorial Almuzara convoca este quinto premio de pintura co obxectivo de resaltar a íntima e esencial relación que existe entre o mundo editorial e a arte e a pintura.

  • XXIV Premio Eurostars Grand Mariña de Fotografía

    cartel do concurso

    Inscricións:

    Ata o 20/10/2026

    Eurostars Hotel Company convida a afeccionados e profesionais da fotografía para participar no XXIV Premio Eurostars Grand Mariña de Fotografía Josep Juanpere 2026. Para iso deberán compoñer trípticos inspirados na temática “Barcelona, capital mundial da arquitectura”

resultados 45

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión