Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Carnés para a mocidade

Coñece as vantaxes de ser titular dalgún dos carnés para a mocidade: multitude de descontos e vantaxes están a esperarche en todo tipo de bens e servizos!

Carné Xove

O carné xove é unha tarxeta persoal para a mocidade galega de 12 a 30 anos expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.Dende o 2021, a Xunta de Galicia enviou o carné xove ao domicilio dos mozos e das mozas galegas, de xeito gratuíto e con vixencia indefinida ata os 30 anos, inclusive. As persoas que nunca tiveran carné xove ou que o tiveran caducado dende hai moito tempo precisan activar o carné recibido, poden facelo de xeito presencial (nalgun punto de activación) ou de forma electrónica.E se aínda non che chegou o carné xove á casa, podes acudir a un punto de activación ou solicítalo a través da sede electrónica da Xunta.

Co carné xove podes acceder a unha chea de descontos e vantaxes en entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card): descontos e vantaxes en cultura, aloxamentos, transportes, comercios, ensino...

Máis información

Carné de Estudante Internacional (ISIC)

Se eres estudante podes solicitar o carné que te identifica como estudante en 130 países  e che ofrece números descontos e vantaxes en transportes, aloxamentos, educación, servizos culturais, comercios... Hai dúas versións; a física e a dixital.

Quen pode solicitar o Carné ISIC? Estudantes de universidade, instituto, colexio, escola oficial, academia ou mesmo de formación en liña, sen límite de idade.

Como solicitalo? A forma máis rápida é a través da web ISIC. En poucas horas poderás gozar do teu carné dixital. Se pola contra, solicitas a versión física chegarache a túa casa nuns días.Outra maneira de conseguir o carné é en oficinas de tramitación (podes consultar pinchando en máis información os lugares emisores do carné). 

Canto costa e que validez ten? O prezo do carné ISIC na versión dixital é de 11 EUR. Se o prefieres tamén en formato físico, o prezo é de 15,90 EUR (aínda que dependerá do tipo de envío solicitado). A validez do carné é dun ano natural, a partir da data de emisión.

Que documentación hai que presentar? Terás que achegar en formato dixital, unha foto tamaño carné e un documento que certifique a túa condición de estudante. 

Máis información

Carné de Alberguista

O carné de alberguista está recoñecido internacionalmente e é válido para utilizar en todos os albergues nacionais e estranxeiros. Presenta dous formatos: Carné Físico e Carné Dixital. Os dous formatos teñen validez internacional e o mesmo prezo. O prezo só varía en función da modalidade (xove, adulto, familiar ou grupo) e todas as modalidades teñen validez dun ano.

MODALIDADE PARA DOCUMENTACIÓN PRECIO
Xove Mocidade de 14 a 29 anos (ambos incluidos) DNI ou Pasaporte 5€
Adulto Maiores de 30 anos DNI ou Pasaporte 10€
Grupo Grupos, Organizacións, Asociacións... de mínimo 10 personas CIF e DNI da responsable 16€
Familiares Familias 1 ou 2 adultxs con fillxs menores de 14 anos DNI dxs Adultxs 18€

Podes compralo por internet e tamén hai diferentes puntos de venta físicos.

Máis información

Carné Xove Internacional (IYTC)

O Carné IYTC está dispoñible para persoas que teñan menos de 30 anos. As vantaxes son as mesmas do Carné ISIC, agás nalguns casos donde a oferta é exclusiva para estudantes.

Como solicitalo? A forma máis rápida é a través da web. En poucas horas poderás gozar do teu carné dixital. Se pola contra, solicitas a versión física chegarache a túa casa nuns días.Outra maneira de conseguir o carné é en oficinas de tramitación (podes consultar pinchando en máis información os lugares emisores do carné). 

Canto costa e que validez ten? O prezo do carné IYTC na versión dixital é de 11 EUR. Se o prefieres tamén en formato físico, o prezo é de 15,90 EUR (aínda que dependerá do tipo de envío solicitado).A validez do carné é dun ano natural, a partir da data de emisión.

Que documentación hai que presentar? Terás que achegar en formato dixital, unha foto tamaño carné. 

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión