90 resultados

Dende o 16/10/2026 ata o 18/10/2026
O Centro Comercial Os Rosales (A Coruña) acolle a celebración dunha nova edición da Feira de Minerais do 15 ao 17 de Outubro de 10:00 a 21:00 h.

31/10/2026
A Asociación Veciñal Agra do Orzán organiza no auditorio do Centro Sociocultural Ágora a representación teatral «Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete», de Castelao, unha adaptación dirixida por Lucho Penabade que combina humor e reflexión sobre temas como a emigración, a defensa da lingua galega e a memoria histórica.

22/10/2026
A Biblioteca Verde do CEIDA organiza «Esencia salvaxe», unha experiencia sensorial que combina aromas da natureza, literatura e memoria para explorar a capacidade dos cheiros de evocar recordos e emocións. A través de diferentes aromas e lecturas en voz alta, a actividade convida a descubrir novas formas de sentir e conectar coa natureza no xardín do Pazo de Lóngora.

26/10/2026
Dentro do ciclo Aula Aberta da Agrupación Cultural Alexandre Boveda, en colaboración co Grupo Illa da UDC, terá lugar a palestra "A Festa da Palabra Silenciada: dar voz ás escritoras galegas contemporáneas", impartida por Lucía Sánchez Cal.

O 24 de outubro e 12 de decembro de 2026, e o 20 de febreiro e 10 de abril de 2027.
O Centro de Arte da Fundación María José Jove organiza «Preguntas ao clima», unha visita-taller dirixida a familias que convida a descubrir, a través das obras da Colección Permanente, como as persoas e outros animais adáptanse a distintos climas e afrontan desafíos como a calor, a falta de auga e os cambios na contorna.

23/10/2026
O venres 23 de outubro ás 19.30 h. terá lugar a palestra "Mulleres libertarias na Galiza", impartida polo historiador e bibliotecario Eliseo Fernández, na Agrupación Cultural Alexandre Boveda.

Dende o 27/10/2026 ata o 30/01/2027
A Sede Afundación da Coruña acolle a exposición «Verde. Natureza e paisaxe», unha mostra que reúne preto de medio centenar de artistas para trazar un percorrido pola presenza da natureza e a paisaxe na creación artística galega, desde o século XIX ata a actualidade.

25/10/2026
O barrio do Ventorrillo acollerá o vindeiro domingo 25 a penúltima carreira popular desta tempada do circuíto Coruña Corre, que entra xa na súa recta final con dúas probas por disputar. Última semana para facer a inscrición.

18/10/2026
O obxectivo desta nova acción no Monte da Fraga, programada pola Oficina de Sustentabilidade da UDC, será o establecemento de microhábitats que cumpran unha dobre función: fornecer espazos de acubillo e asentamento para a fauna e flora silvestres, ao tempo que acondicionar unha barreira física arredor da charca do Monte da Fraga, procurando a súa perdurabilidade. Para isto será preciso amorear a man diferentes materiais (pedras, lousas e tocóns), aos que iredes dando forma arredor da charca. Unha nova acción a prol do patrimonio natural deste espazo, que será monitorizada polo Grupo Naturalista Hábitat.

22/10/2026
O Cineclub Bóveda continúa co ciclo dedicado á presenza de Bertolt Brecht no cinema coa proxección de Unha moza sen historia, primeira longametraxe do escritor e cineasta Alexander Kluge.
resultados 90
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible