Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende o 02/09/2026 ata o 05/09/2026
“Lóstrego” non é só un festival, é un punto de encontro para persoas afeccionadas, profesionais e curiosas do cine fantástico. Pretende ser un espazo inclusivo e vibrante, onde todas a persoas asistentes poidan gozar dunha programación coidadosamente seleccionada e participar en diversas actividades e eventos. Terá lugar no Fórum Metropolitano da Coruña.
Ata o 31/08/2026
O Concello da Pontenova convoca un proceso selectivo para a cobertura, mediante persoal laboral fixo descontinuo, de dúas prazas de profesor/a para a Escola Municipal de Música, unha na especialidade de guitarra eléctrica e interpretación e outra na de piano e acompañamento.
Dende o 04/09/2026 ata o 26/09/2026
A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de setembro.
Dende o 28/08/2026 ata o 30/08/2026
A conta atrás para o Festival da Luz 2026 xa comezou, Boimorto acollerá unha edición moi especial coa que o festival celebra os seus 15 anos de música na vila. A solidariedade seguirá sendo un dos piares do evento; nesta edición os fondos solidarios destinaranse a COGAMI.
Ata o 11/08/2026
A Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA) convoca un procedemento selectivo para a cobertura de dúas prazas do grupo operativo da Sociedade (nivel retributivo IV), para as categorías de axente de aparcadoiro, axente de depósito, axente de estación e controlador/a.
Ata o 31/08/2026
O concello da Guarda convoca proceso selectivo para proveer unha praza de operario/a e creación dunha bolsa de emprego para substitucións, mediante o sistema selectivo de concurso-oposición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible