Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Servizo de información de turismo xuvenil

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Maleta antigua, que leva varias pegatinas de distintos países, e da que sobresaen uns billetes de avión.

O CMIX pon a disposición dos seus usuarios e usuarias un servizo de información sobre viaxes con recursos que che permitirán coñecer todas as posibilidades que che ofrecen os destinos que queiras visitar, e axudámosche na planificación e na organización das túas viaxes.

  • Sección especializada en viaxes e xeografía na Viaxeteca do CMIX. Consulta o Catálogo das Bibliotecas Municipais (seleccionando a sucursal "Información Xuvenil") para coñecer os nosos fondos.
  • Servizo de préstamo da Viaxeteca para os/as socios/as da rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.
  • Revistas especializadas en xeografía, viaxes e turismo activo da hemeroteca do CMIX. VIAJES NATIONAL GEOGRAPHIC, LONELY PLANET MAGAZINE e GRANDES ESPACIOS.
  • Dossieres de información cun completo fondo documental composto por folletos, mapas, planos, rutas..
  • Expedición de carnés para a mocidade, que che resultarán moi beneficiosos nas túas viaxes xa que podes obter descontos en transportes, aloxamento, entradas, restaurantes...:

- Carne Xove Euro<30- Carné de Alberguista, nas diferentes modalidades- Carné Internacional de Estudante (ISIC)- Carné Internacional Xove (IYTC)- Carné Teacher (ITIC)

  • Espazo de turismo nesta web con información básica á hora de planificar unha viaxe e algunhas suxestións para a xente máis nova .
  • E ademais, no verán, o CMIX pon en marcha a campaña MÓVETE, cunha serie de propostas dirixidas a acadar a participación dos mozos e mozas en actividades relacionadas coas viaxes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión