Descrición:
O servizo de orientación legal da Rede Municipal de Información Xuvenil ten como obxectivo informar de forma persoalizada e gratuíta sobre os teus dereitos, así como dos cauces establecidos para que poidas exercitarlos plenamente.
Neste servizo poderás informarte sobre diversos temas de ámbito xurídico que te poden afectar: dereitos da xuventude, como facer un recurso ou unha reclamación, temas relacionados coa vivenda, multas, etc
É moi importante que teñas en conta que este servizo non inclúe, en ningún caso, defensa legal, e que deberás recurrir aos servizos dun avogado/a, particular ou de oficio, cando se plantexa unha demanda xudicial.
Destinatarios:
Preferentemente, mozos e mozas ata 35 anos.
Máis información:
Espazos de Información Xuvenil- Concello da Coruña
Tel.: 981 184 294
WhatsApp: 606 362 366
Email: cmix@coruna.es
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible