Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, convoca o programa educativo "Antenas de Información Xuvenil (AIX)", coa intención de crear pequenas sucursais dos Espazos Municipais de Información Xuvenil en centros educativos da cidade.

Estes pequenos puntos de información, coñecidos como Antenas de Información Xuvenil, conectan os Espazos de Información Xuvenil do concello coa mocidade achegándose aos centros educativos a través dun programa de difusión "de información entre iguais".

Cada antena comprende:

  • Un espazo físico no centro dende o que se difundirá información de interese xuvenil proporcionada semanalmente polos Espazos Municipais de Información Xuvenil do Concello da Coruña.
  • Canles dixitais de interese xuvenil.
  • E, o máis importante: unha persoa ou un grupo de persoas, as/os antenas.

CALES SON OS REQUISITOS PARA SER ANTENA DE INFORMACIÓN XUVENIL?

  • Ter un mínimo de 15 anos e un máximo de 25 anos cumpridos no ano natural de inicio do curso.
  • Estar matriculado/a nunha escola pública (IE, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Escola de Deseño Pablo Picasso e Conservatorio Profesional de Música), ou nun centro concertado con ESO e bacharelato da cidade que asinou un convenio de incorporación ao Programa Antenas de Información Xuvenil.
  • Presentar candidatura individual ou conxunta, neste caso será ata dúas persoas por centro.
  • Ter dispoñibilidade para dedicar o tempo suficiente ao desenvolvemento das funcións de antena e cumprir cos compromisos do programa.
  • Non se poderá presentar quen exercese como antena por un máximo de tres cursos e aquelas persoas que exercesen como antena e demostrasen o incumprimento das compromisos que implica a participación no programa.
  • Se a persoa solicitante é menor de idade deberá presentar un permiso da nai, pai ou quen exerza a titoría legal, que autorice a participación no programa.

COMPROMISOS DAS ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL

  • Asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen.
  • Estar en comunicación permanente cos Espazos de Información Xuvenil.
  • Manter o espazo informativo e as canles dixitais de información actualizados semanalmente, de forma ordenada e atractiva.
  • Difundir a información de interese xuvenil a través dos medios de comunicación ao seu alcance: redes sociais, compañeiras/os de instituto, delegadas/os de clase etc.
  • Animar as/os compañeiras/os a participar da información e achegar inquietudes, intereses, ideas ou opinións.
  • Manter en bo estado o material ou ferramentas cedidas polo Concello.

CONTRAPRESTACIÓNS DAS ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL

  • Recibir formación en materia de información xuvenil: dinamización da información, xestión de redes sociais etc.
  • Solicitar gratuitamente o carné internacional de estudante.
  • Obter un certificado oficial que acredite a participación no programa.
  • Recibir entradas a eventos organizados ou programados polo Concello (concertos, eventos deportivos, cinema, teatro...)
  • Compensación económica de 100,00 euros brutos por colaboración educativa. Esta compensación realizarase unha vez que se complete o proxecto anual. A compensación económica é por proxecto de antena, polo que no caso de que existan 2 persoas no proxecto, a compensación sería de 50,00 € para cada unha delas.

PROXECTOS DE NATUREZA SINGULAR

De forma excepcional, poderán presentar un proxecto de aula aqueles centros docentes do Concello da Coruña que xustifiquen que xa existen proxectos de información e dinamización da información xuvenil no centro, ou que o proxecto presentado sexa un proxecto de centro no que colaboran máis de 2 persoas e que a persoa responsable del sexa un ou unha docente.

No caso de incorporar proxectos que reúnan as características anteriores, a compensación pola participación no programa recaerá no centro educativo e será a mesma que a concedida a un proxecto de antena tradicional.

Outros contidos relacionados

  • Bases convocatoria Curso 2024-2025 (2 MB)
  • Formulario de solicitude Curso 2024-2025 (174 KB)
  • Aix 2024-2025: autorización para menores de idade (353 KB)
  • Listaxe de solicitudes AIX 2024/2025 (209 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión