Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

A Rede de Servizos Municipais de Información Xuvenil establece como obxectivos principais:

1) Proporcionar aos mozos da cidade, fundamentalmente de entre 12 e 30 anos, a información necesaria para lograr a súa participación activa e responsable na sociedade.

2) Posibilitar a igualdade de oportunidades e facilitar a transición á vida adulta.

3) Ser un catalizador de intereses e demandas da mocidade coruñesa.

4) Converterse en observatorio permanente dos intereses, necesidades e iniciativas dos mozos, podendo extraer conclusións de interese para a planificación de accións das diversas entidades municipais.

O CMIX creouse no ano 1.990, e pertence á Rede Galega de Documentación e Información Xuvenil. Esta rede está regulada en virtude da lei 6/2012, de 19 de xuño, de mocidade de Galicia. (DOG nº 139 do 20 de xullo).

CANLES

  1. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO: en persoa, por teléfono, por correo electrónico (cmix@coruna.es), WhatsApp (606.362.366), a través do sitio web www.coruna.gal/informacionxuvenil, e nas súas redes sociais Facebook, e Twitter.
  2. AUTOINFORMACIÓN: a través de paneis, dossieres, da web www.coruna.gal/informacionxuvenil, e de redes sociais.
  3. DOCUMENTACIÓN: préstamo a domicilio de guías de viaxes, préstamo e consulta en sala. Os fondos da área de Documentación están referenciados e poden ser consultados a través do catálogo en liña do sistema de Bibliotecas Municipais (www.coruna.gal/bibliotecas)
    • Biblioteca: Composta por monografías, dossieres de autoinformación, folletos, directorios de recursos e numeroso material documental en diversos formatos (dípticos, carteis, material autoeditado...).
    • Hemeroteca: revistas, boletíns informativos.
    • Viaxeteca: Servizo de préstamo a domicilio de guías turísticas para socios das Bibliotecas Municipais da Coruña, mapas de situación e de estradas, planos das cidades máis importantes, aloxamentos, rutas, deportes alternativos...
  4. EXPEDICIÓN DE CARNÉS DE MOCIDADE
  5. PÁXINA WEB
  6. REDES SOCIAIS E BOLETÍNS ELECTRÓNICOS DE INFORMACIÓN

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión