Temos un novo sistema de inscrición que utilizaremos en todas as nosas actividades.
Aínda que é moi sinxelo, lembra que podes preguntar as túas dúbidas chamándonos a calquera dos Espazos de Información Xuvenil no horario de atención ao público.
Cada actividade con inscrición inclúe a sección "Consigue as túas entradas" que funciona como un "despacho telemático de venda de entradas" xeradora de tíckets correspondentes ás prazas dispoñibles da dita actividade, con independencia da franxa de idade na que se faga a inscrición.
O primeiro paso é seleccionar a categoría de idade e premer no botón "Rexistrarse". No programa Nocturnia permítese facer unha inscrición por persoa.
Ten en conta que neste punto o sistema realiza unha prerreserva da praza que selecciones por un tempo limitado. É dicir, se o sistema detecta que o proceso se prolonga máis do necesario terás que volver comezar.
O seguinte paso consiste en cubrir un formulario en liña completando a información de contacto así como algúns datos obrigatorios necesarios para poder asistir ás activiades. Ademais no caso de menores de idade será necesario completar información relativa á persoa que autoriza a inscrición.
Para continuar e finalizar a inscrición, deberás revisar os detalles do "pedido" comprobando que a información está correcta e deberás seleccionar "Enviar rexistro". Así xa queda a inscrición completada e recibirás no enderezo de correo electrónico unha confirmación con todos os datos e cunha ligazón para que poidas cancelar a túa praza no caso de que ao final non poidas asistir.
Como xa dixemos, unha vez que fixeches a inscrición, recibirás un correo electrónico de confirmación con todos os datos e cunha ligazón para que poidas cancelar a túa praza no caso de que ao final non poidas asistir.
Ademais no dito correo irá como documento adxunto un PDF do tícket cun código QR que terás que ter á man o día da actividade para presentar na entrada dela.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible