5 resultados

ata o 31/10/2026
A Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña organiza durante o mes de outubro un programa de actividades de voluntariado e participación ambiental que combina o coidado da natureza coa promoción dun estilo de vida saudable e sustentable.

14/10/2026
É precisa inscrición previa.
A Asociación UDC BigBang organiza a segunda Noite dos Morcegos, unha actividade divulgativa para coñecer a importancia dos quirópteros nos ecosistemas.

De outubro de 2026 até xuño de 2027 (Distintas datas dependendo da actividade).
"Mundos agochados" é o novo programa de educación ambiental do CEIDA, que convida a achegarse á natureza de proximidade e a descubrir a biodiversidade que habita nas nosas contornas cotiáns.

17/10/2026
Volve á Coruña a CARREIRA ENKI, unha proba non competitiva, aberta a persoas de todas as idades e condicións. A través de divertidas probas e desafíos, promove a inclusión, dá visibilidade ás persoas e aos colectivos con diversidade funcional e fomenta o respecto, a convivencia e a educación na diversidade.

Dende o 18/09/2026 ata o 11/10/2026
O ciclo SON&MAR chega á Coruña para converter o porto da cidade nun escenario musical á beira do Atlántico. A programación reúne unha ducia de citas entre setembro e outubro, con propostas que van desde a música electrónica e urbana ata os sons de raíz galega, pasando polos clásicos dos anos 90 e 2000.
resultados 5
Dende o 02/10/2026 ata o 09/10/2026
Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible