Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
2400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España durante o mes de xullo de 2026
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración no mes de xullo de 2026.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 05/03/2026
ás 15:00 horas.
Duración:
1 semana entre o 28 de xuño e o 25 de xullo de 2026.
Prezo:
Para completar o prezo total do curso, os alumnos abonarán necesariamente 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato.
Requisitos:
Nacer entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009.
Estar matriculado no curso 2025-2026 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato
Ensinos profesionais de música e danza
Grao medio de Formación Profesional
Grao medio de artes plásticas e deseño
Grao medio de ensinos deportivos
Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
Obter no curso 2025-2026 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes nalgún dos estudos apuntados no apartado anterior (convocatoria de bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2025-2026, para estudantes que cursen estudos postobligatorios).
Ter aprobadas todas as materias do curso 2024-2025, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
Remuneración / Dotación:
A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Non se concederá contía algunha en concepto de traslado desde os domicilios ao centro de destino nin viceversa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible