Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
30 anos de Voluntariado Europeo | Comparte a túa experiencia
O INJUVE busca as historias que fixeron posible 30 anos de voluntariado europeo. Unha fotografía. Un vídeo. Un recordo.
A quen vai dirixido?:
Persoas que realizasen un Servizo Voluntario Europeo (SVE) ou un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade.
Entidades de envío e de acollida.
Técnicas e técnicos de mocidade.
Organizacións que participasen en proxectos de voluntariado europeo.
Mentores, coordinadores e calquera persoa que formase parte desta historia.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
05/12/2026
Requisitos:
Cubre o formulario adxunto na súa web (entidade ou particular) e o documento de cesión de imaxes e envíao por transfer xunto co material ao correo: comunicacionane@injuve.es co asunto: VÍDEO 30 ANOS DE VOLUNTARIADO
Con motivo do 30.º aniversario do Servizo Voluntario Europeo, orixe do actual Corpo Europeo de Solidariedade, quéreselles render homenaxe a todas as persoas que formaron parte desta gran comunidade: voluntarios e voluntarias, entidades de acollida e envío, persoal técnico de mocidade e organizacións que, durante estas tres décadas, fixeron posible que o voluntariado europeo transformase vidas e comunidades.
Con todo o material recibido elaborarase un vídeo conmemorativo que se estreará o próximo 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado.
QUE MATERIAL SOLICITAN?
Fotografías:
De calquera momento destes 30 anos de voluntariado europeo.
En formato JPG vertical ou horizontal.
Individuais ou en grupo, durante actividades, formacións, proxectos ou momentos cotiáns.
Vídeos:
Imaxes de proxectos, actividades, encontros ou experiencias de voluntariado.
En formato vertical ou horizontal e coa mellor calidade posible.
Vídeo testemuño:
Duración máxima: 20 segundos.
Gravado en vertical e/ou, se for posible, nun lugar tranquilo e con boa iluminación.
Cando te graves, continúa algunhas das seguintes frases:
Facer un voluntariado europeo ensinoume que...
Se tivese que resumir o meu voluntariado nunha soa palabra, sería...
Grazas ao voluntariado europeo, agora eu...
O meu momento favorito da experiencia foi cando...
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible