Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
647 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas para actividades de formación en Canadá, Reino Unido, Alemaña, Portugal e Francia, co obxectivo de mellorar a competencia en linguas estranxeiras do alumnado de bacharelato.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 03/03/2026
Duración:
3 semanas, entre finais de xullo e finais de agosto de 2026.
Prezo:
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D). Teranse en conta como criterios a nota media do expediente no curso 2024/25, a renda per cápita da unidade familiar, a condición de familia numerosa e a condición de persoa con discapacidade.
Requisitos:
Estar cursando, no réxime xeral ordinario, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2025/26, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2024/25.
Ter acadado no curso 2024/25, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 en 4º da ESO para as prazas ofertadas para 1º de bacharelato ou en 1º de bacharelato para as prazas ofertadas para o 2º curso de bacharelato.
Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
As axudas poderán ser solicitadas polas persoas proxenitoras ou titoras legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Remuneración / Custo:
O custo total de cada actividade inclúe:
Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
As persoas monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
Os gastos de docencia e o material escolar.
As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
Os gastos de manutención e aloxamento.
O certificado de realización da actividade.
O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible