Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

"A historia vaxenial"

O Teatro Rosalía Castro acolle a estrea absoluta de "A historia vaxenial", un espectáculo que ten a súa orixe na serie "Historias Vaxeniales", creada por Raquel Nogueira O éxito da serie, que se fíxo viral e acumula millóns de reproducións, impulsou a creación desta obra chea do mesmo humor e ironía que conquistaron as redes sociais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/02/2026

Horario:

20:30 h.

Prezo:

entre 6,50 € e 14,00 € 

*desconto -20% para carné xove, + 65 anos, desempregadas/os, e desconto -25% para familias numerosas

Venda de entradas

  • Televenta: en https://entradas.ataquilla.com
  • Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
  • Teatro Rosalía: só os días de función desde as 16 h

Páxina web:

www.coruna.gal/cultura

Contacto:

Teatro Rosalía Castro

R/ Rego de Auga, 37 (15001- A Coruña)

correo-e: trc@coruna.gal

www.facebook.com/teatro.rosalia.castro

O espectáculo "A historia vaxenial" é unha comedia sobre o corpo das mulleres que con humor, ironía e un montón de movidas históricas, trata temazos que fixeron suar tinta e sangue á metade da humanidade. Unha obra teatral que rescata do esquecemento o dramón feminino por antonomasia para devolvelo ao centro da escena convertido nunha comedia que devolve a risa aos corpos das mulleres.

A serie orixinal, "Historias Vaxeniales", foi galardoada cun premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e co Premio Luísa Villalta a proxectos de igualdade da Deputación de A Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión