Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de abril no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de abril. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026

Enderezo:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

ABRIL

  • 05/04/2026 de 18:00 a 20:00h. Torneo de futbolín de primavera (parellas). 
    • É necesaria a inscrición (16 prazas)
    • O torneo de futbolín por parellas que tanto nos gusta. Con espírito competitivo pero o xusto.
  • 11/04/2026 de 18:00 a 20:00h. Aprendendo lettering.
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas)
    • Unha tarde para aprender lettering desde cero. Collemos os rotuladores, respiramos e mans á obra! Non é tan difícil como parece... ou si?
  • 18/04/2026 de 19:00 a 21:00h. Karaoke. 
    • "Si, si,... probando, probando,..." Micrófono listo! Só falta que elixas a canción e a cantar!
  • 24/04/2026 de 19:00 a 21:00h. Compartir historias. 3ª quedada lectora. 
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • O momento perfecto para compartir ese fragmento dunha lectura que tanto che gusta.
  • 25/04/2026 de 18:00 a 20:00h. Máster Crafter. Crea a túa pantalla para xogos de rol. 
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Unha nova sección de O Remanso para as persoas que xogades a rol e vos gustan as manualidades: crearemos a nosa propia pantalla de máster, totalmente ao noso gusto.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión