Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Actividades de febreiro no Espazo Xuvenil O Remanso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de febreiro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)
Bótalles un ollo a continuación:
FEBREIRO
08/02/2026 de 18:00 a 20:00h. Obradoiro de estampación en tea"Bícame para a lembranza".
É necesaria a inscrición (12 prazas)
Estampación baseada nas letras tradicionais das cantareiras galegas, reinterpretadas desde unha mirada contemporánea, feminista e comunitaria. Da oralidade ao tecido!.
12/02/2026 de 18:00 a 20:00h. Máscaras de Entroido.
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Xa ven aí o Carnaval! No Remanso imos preparar unhas máscaras de Entroido moi creativas. Anímate a deseñar a túa máscara única e exclusiva ao teu gusto.
13/02/2026 de 18:00 a 20:00h. Puzzle victoriano introspectivo.
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Apúntate a esta actividade se che apetece coñecerte mellor. Indagaremos na nosa personalidade e escribiremos cadansúa carta de amor propio, pero dun xeito moi divertido e enxenioso: no clásico quebracabezas victoriano.
22/02/2026 de 18:00 a 20:00h. Torneo de One Piece TCG (4 primeiras expansións).
É necesaria a inscrición. (12 prazas)
Torneo, pero do que se trata aquí é de aprender os fundamentos báiscos do xogo de cartas de One PIece. As cartas xa as poñemos nós!
27/02/2026 de 19:30 a 20:30h. Club de lectura"Compartindo historias"(2º encontro).
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Se hai segunda edición é que a primeira foi todo un éxito. Ven, trae contigo un fragmento dun texto que che gustase e compárteo!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible