Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de marzo. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)
Bótalles un ollo a continuación:
MARZO
14/03/2026 de 18:00 a 20:00h. Pintado de miniaturas.
É necesaria a inscrición (10 prazas)
Sexa para as partidas de Dragóns e Mazmorras, sexa para armar un exército de Warhammer ou polo pracer de facelo: hoxe pintamos miniaturas!.
20/03/2026 de 18:00 a 20:00h. Obradoiro de Pixel Art, crea figuras con abelorios.
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Neste obradoiro aprenderemos a crear as nosas figuras favoritas con abelorios de plástico. Faremos colgantes, imáns ou chaveiros... A túa imaxinación é o límite.
22/03/2026 de 18:00 a 20:00h. Pintado en vidro.
É necesaria a inscrición. (8 prazas)
Non só exercitaremos as nosas habilidades artísticas senón que tamén a nosa paciencia. Ven botar un par de horas pintando connosco!
28/03/2026 de 18:00 a 20:00h. Tarde de xogosde taboleiro: Dogs of War!.
É necesaria a inscrición. (5 prazas)
Mergúllate con nós neste xogo de estratexia, ambientado nun universo steampunk, con certo aire renacentista. Decide con astucia e escolle moi ben a quen lle prestas o teu apoio, para ser quen máis puntos de victoria acumule ao rematar as catro roldas do xogo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible