Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de setembro no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de setembro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/09/2026 ata o 26/09/2026

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

PROGRAMACIÓN

  • Sábado 19 de 18.00 a 20.30 h.: Torneo de TGC Digimon
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Queres aprender a xogar ao TCG de Digimon? Xa sabes xogar e queres practicar cun extra de motivación? Anótate ao noso torneo e disfrutarás deste xogo nun bo ambiente.
  • Xoves 24 de 17.30 a 21.30 h.: Tarde de xogos: "Caverna: Los granjeros trogloditas"
    • É necesaria a inscrición. (7 prazas)
    • Outra emocionante tarde de xogos, desta volta aprendendo a xogar a "Caverna: los granjeros trogloditas", un xogo de xestión de recursos e colocación de lousas no que terás que converter unha humilde caverna nun fogar acolledor e próspero.
  • Venres 25 de 19.00 a 21.00 h.: Crea a túa lámpada lunar
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • (Actividade de agosto adiada). Neste obradoiro mancharemos as mans para construír unha bonita lúa luminosa que enfeitará calquera recunchiño da nosa casa. Aproveitaremos tamén para aprender un pouquiño máis sobre o noso misterioso satélite.
  • Sábado 26 de 17.30 a 19.00 h: Iniciación á danza comercial: Pop Latino
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Damos a benvida ao outono cunha actividade de baile ben divertida! Aprenderemos unha coreografía de pop latino desde cero. Trae roupa cómoda, botella de auga e moitas ganas de pasalo ben... agardámoste!

Máis información e inscricións en:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario de apertura do centro)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión