Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de xaneiro no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xaneiro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/01/2026 ata o 30/01/2026

Enderezo:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

XANEIRO

  • 10/01/2026 de 18:00 a 20:00h. Torneo de futbolín (parellas). É necesaria a inscrición (8 equipos, 16 prazas)
    • Mocidade de 12 a 30 anos
    • Fíxose o interesante pero por fin está aquí o Torneo de Futbolín de inverno. Por parellas, como de costume.
  • 23/01/2026 de 18:00 a 19:30h. S.O.S. Estudos! Obradoiro de técnicas de estudo. É necesaria a inscrición. (8 prazas)
    • Mocidade de 12 a 30 anos.
    • Se queres mellorar nos teus estudos aprendendo diferentes técnicas de aprendizaxe, non o dubides e apúntate. Pasaremos unha tarde compartindo trucos que subirán as túas notas sen dúbida.
  • 30/01/2026 de 18:00 a 20:00h. Adornos de plástico máxico. É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Mocidade de 12 a 30 anos
    • Neste obradoiro alucinaremos coas propiedades deste plástico, que se encolle coa calor. Debuxaremos os nosos propios adobíos para facer pendentes ou colgantes, totalmente personalizados.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión