Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xuño. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)
Bótalles un ollo a continuación:
XUÑO
11/06/2026 de 18:00 a 20:00h. Mandalas con fíos de cores.
É necesaria a inscrición (10 prazas)
Pasaremos un anaco divertido elaborando os nosos propios e únicos mandalas, pero cambiaremos os lapis por fíos de cores! Aprenderemos distintas técnicas para crear unha decoración, un posavasos ou un amuleto: ti decides como usalo!
26/06/2026 de 19:00 a 21:00h. Compartir historias. Quedada lectora: o teu fav de ciencia ficción.
Chega unha nova quedada lectora! Desta volta compartiremos historias de ciencia ficción. Cal é a túa obra favorita deste xénero? Agardámoste!
29/06/2026 de 18:00 a 20:00h. II Olimpiadas de debuxo (todos os niveis).
É necesaria a inscrición. (8 prazas)
Non importa a calidade do debuxo, aquí o que se premia é a orixinalidade. Dúas probas: Adiviña a palabra e combate de debuxo, só poder quedar unha persoa!
30/06/2026 de 18:00 a 20:00h. Bailando dende cero, navegando entre décadas.
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Especial para a xentiña máis bailonga! Unha actividade orixinal na que faremos unha viaxe pola música das últimas décadas da historia. Aprenderemos distintos estilos de baile e algunhas coreografías moi marchosas. Anímate!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible