Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Admisión á Escola Oficial de Idiomas, curso 2026-2027
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica as instrucións para a preinscrición, admisión,
matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2026/27. Na Escola Oficial de Idiomas da Coruña ofértanse un total de 11 idiomas: alemán, árabe, chinés, español para persoas estranxeiras, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 15/06/2026 ata o 06/07/2026
para alumnado de novo acceso
Prezo:
Tipo de alumnado
1 idioma
2 idiomas
3 idiomas
Alumnado ordinario
127
219
311
Familia numerosa xeral
63,50
109,50
155,50
Familia numerosa especial
0
0
0
Certificado de discapacidade, víctimas de actos terroristas, víctimas de violencia de xénero
0
0
0
Persoas bolseiras ou solicitantes de bolsa
0
0
0
Persoas funcionarias docentes
35
35
35
Requisitos:
Persoas de 16 anos ou máis (cumpridos no ano natural en que se inicien os estudos).
Persoas de 14 anos ou máis, se o idioma elixido non é o cursado como primeira linguaestranxeira na ESO.
Para acceder a un curso que non sexa o primeiro (A1 ou A2, dependendo do idioma), énecesario contar cun acceso directo por ter outra titulación, ou acceder por proba declasificación.
PREINSCRICIÓN: do 15 de xuño ao 6 de xullo de 2026.
Farase na aplicación informática www.eoidigital.com/preinsxunta/alumnos/index.php (no caso de dispoñer dun documento distinto do DNI ou NIE deberase formular a solicitude presencialmente na secretaría da EOI no prazo establecido).
Cada persoa poderá preinscribirse nun máximo de 2 idiomas. Para cada idioma, poderá indicar até 3 preferencias de horario, de ser dispoñibles na oferta horaria dese centro.
Sorteo de nº de corte: 8 de xullo.
Adxudicación de prazas: 9 de xullo.
MATRÍCULA: do 9 ao 20 de xullo de 2026.
Prazas vacantes: no caso de quedaren vacantes, poderán ser ofertadas por cada escola até o 18 de setembro sempre que non existan listaxes de espera.
A matrícula de español para estranxeiros permanecerá aberta ao longo do curso académico. Esta excepcionalidade non suporá ningún desconto nos prezos públicos e estará suxeita á dispoñibilidade de prazas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible