O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de setembro, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.
Para público en xeral
Dende o 01/09/2026 ata o 30/09/2026
gratis
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña
tel: 689 578 727
e-ccorreo: reservascor@muncyt.es
CHARLA "HUMBOLDT NOS ANDES - OS ANDES DE HUMBOLDT" CON RAFAEL SAGREDO
Primeira conferencia do ciclo ao redor da exposición temporal "Os instrumentos de Humboldt: ferramentas para concibir unha nova visión da natureza", que impartirá Rafael Sagredo, Doutor en Historia e Profesor de Historia e Xeografía na Pontificia Universidade Católica de Chile, recoñecido co Premio Nacional de Historia 2022 en Chile. O ciclo está coordinado por Miguel Ángel Puig-Samper e estenderase ata abril de 2027. Colaboran: Embaixada da República Federal de Alemaña e Fundación Ignacio Larramendi. XOVES 17 ÁS 19.00 H.
G-NIGHT: NOITE EUROPEA DAS PERSOAS INVESTIGADORAS
A Noite Europea dos Investigadores é un evento público a escala europea que mostra a diversidade da ciencia e o seu impacto na vida cotiá dos cidadáns de forma divertida e inspiradora. Promovido pola Comisión Europea desde o ano 2005 o último venres do mes de setembro, este ano, o evento terá lugar en 25 países. O MUNCYT colabora desde a súa primeira edición en Galicia con entidades dedicadas á investigación e á divulgación da ciencia. As actividades terán lugar o último venres do mes. VENRES 25.
CHARLA CORBI CON MOISÉS CANLE LÓPEZ
O relator será Moisés Canle López, Catedrático de Química Física na Universidade da Coruña, que traballa na comprensión dos mecanismos das reaccións químicas e na contaminación ambiental difusa, así como no desenvolvemento de tecnoloxías sostibles para tratamento de augas. Docente nos graos en Nanociencia e Nanotecnoloxía, en Química, no mestrado en Ciencia, Tecnoloxía e Xestión Ambiental e no Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental. Membro do Grupo de Innovación Educativa ChemInnova. MÉRCORES 30 ÁS 19.30 H.
TALLERES INFANTÍS E FAMILIARES
Os talleres están orientados a traballar utilizando métodos como a observación, experimentación ou habilidades para o desenvolvemento tecnolóxico e adaptaranse ás idades dos participantes. As temáticas das actividades tratarán distintos ámbitos da ciencia e tecnoloxía e tamén as súas conexións coa creación artística. Público infantil e familiar (6-12 anos). SÁBADOS E DOMINGOS ÁS 11.15 H.
XINCANAS FAMILIARES
Xogos de pistas por equipos para seguir diversos fíos temáticos e superar as probas relacionadas coa colección do museo. Este mes, poderedes descubrir os grandes inventos que temos no museo ou resolver pistas ata chegar ao reto final que abrirá un cofre do tesouro. Público familiar (6-12 anos). Algúns xogos requiren acceso a través dos dispositivos móbiles das persoas participantes. SÁBADOS ÁS 13.15 E 18.00 H., DOMINGOS ÁS 13:15 H.
CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES
Visitas guiadas nas que coñecer as pezas de gran tamaño da sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a impoñente cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os obxectos da sala S. XX. A visita familiar inclúe un xogo de pistas e unha actividade experimental temática. A diario ás 12.30 e 17.00 h. SEGUNDO HORARIO DE APERTURA
EXPOSICIÓNS TEMPORAIS
O club comeza o 8 de outubro de 2026.
Inscrición do 17 ao 24 de setembro de 2026.
17/09/2026
Ata o 13/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible