A biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA acolle nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora a exposición 'Aves que alumean os nosos días', do artista Gustavo Pedre Vázquez (Monguiart). A mostra poderá visitarse na planta baixa da biblioteca.
Para público en xeral
ata o 29/05/2026
De luns a xoves, de 10 a 14 e de 16 a 19 h., e os venres de 9 a 14 h.
De balde
CEIDA
Castelo de Santa Cruz s/n
15179 Liáns - Oleiros (A Coruña)
Tel: 981 630 618
E-correo: ceida@ceida.org
'Aves que alumean os nosos días' presenta unha pequena mostra de aves presentes nos nosos bosques e cidades, especies que acompañan os nosos camiños cotiáns e que, moitas veces, pasan desapercibidas. A exposición propón unha invitación a deter a mirada e descubrir a riqueza da fauna que convive con nós, convertendo a simple observación nun momento de sorpresa e tamén nun espazo de desconexión do ritmo diario.
As obras parten dun soporte singular: lámpadas LED con forma de paxaro que o artista transforma para achegalas ao aspecto das aves reais. A partir destes obxectos sen vida, as pezas reconstrúen formas e cores inspiradas nas especies que podemos atopar na natureza próxima, creando un diálogo entre o obxecto artificial e a vida silvestre que o inspira.
Para a súa elaboración empregáronse técnicas e materiais diversos, desde pinturas acrílicas, sprays e vernices sintéticos, ata elementos reciclados recollidos tanto no bosque como na cidade. Cada soporte está deseñado especificamente para a ave que representa, co obxectivo de crear unha peza única.
Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026
Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026
Dende o 07/04/2026 ata o 18/05/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible