Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas ao alumnado das universidades do SUG para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2026.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 03/03/2026
Duración:
As actividades terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 2026, ambos incluídos.
Requisitos:
Alumnado matriculado no curso 2025/26, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2025, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas.
O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelá e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
Queda excluído desta convocatoria o alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias e o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a estadía no seu país de orixe ou nalgún do cal é nacional.
Remuneración / Dotación:
1.200 euros para estadías realizadas en países de Europa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible