Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2026-2027
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, TEA e altas capacidades.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
Requisitos:
Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar.
Presentar necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, ou TEA e que se atopen cursando estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial de centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice alumnos que presenten necesidade específica de apoio educativo nalgún dos seguintes niveis educativos:
Educación infantil.
Educación primaria.
Educación Secundaria Obrigatoria.
Bacharelato.
Ciclos formativos de grao básico.
Ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
Ensinos artísticos profesionais.
Programas de formación para a transición á vida adulta.
Outros programas formativos de formación profesional.
Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades escolarizados nalgún dos niveis educativos seguintes:
Educación primaria.
Educación Secundaria Obrigatoria.
Bacharelato.
Ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
Ensinos artísticos profesionais.
Remuneración / Dotación:
Compoñentes das axudas e contías:
Ensino: ata 862,00 euros.
Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
Comedor escolar: ata 574,00 euros.
Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
Transporte urbano: ata 308,00 euros.
Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino postobligatoria: ata 204,00 euros.
Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros
Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 904028
Convócanse, para o curso 2026-2027 as seguintes axudas individualizadas:
Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
Subsidios por necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas.
Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo causada por discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a TEA e a altas capacidades intelectuais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible