Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Campaña de verán 2026: Campamentos en Galicia e noutras Comunidades e Minicampamentos Coñece Galicia
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca a oferta de prazas xuvenís dentro da programación da Campaña de verán, e ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 16/04/2026 ata o 29/04/2026
Duración:
Durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2026.
Prezo:
Entre 92,50 e 284,50 euros según a actividade escollida.
Descontos: 50% con título de familia numerosa, familias monoparentais e familias acolledoras. As persoas usuarias do Carné Xove gozarán dun desconto do 25 %. Os descontos en ningún caso serán acumulables.
Requisitos:
Persoas mozas residentes en Galicia de entre 9 e 17 anos.
O/a menor solicitante deberá ter expedido e en vigor o DNI ou NIE na data de presentación da solicitude.
As persoas nacidas no ano 2017 deberán ter 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2008 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar.
Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisa. En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% deben optar, de conformidade co sinalado no apartado "Como presentar a solicitude", polas prazas do procedemento xeral ou polas prazas reservadas para inclusión. Para tal efecto, deberán indicar na solicitude se solicitan ou non unha praza reservada para inclusión.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sede electrónica (sede.xunta.gal) Procedemento BS303A
A convocatoria inclúe:
A. Prazas polo procedemento xeral nas catro provincias galegas
B. Minicampamentos Coñece Galicia nas catro provincias
C. Prazas reservadas para inclusión
D. Intercambios noutras comunidades autónomas (País Vasco, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha e Cantabria)
As persoas participantes nas actividades disporán dos seguintes servizos:
Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.
Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil, campamento xuvenil ou aloxamento turístico.
Manutención en réxime de pensión completa.
Material necesario para o desenvolvemento da actividade xuvenil.
Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con discapacidade disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, o transporte desde Santiago de Compostela, que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible