Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campus de Verán XuvenCiencia

O Campus de Verán XuvenCiencia celebra a súa 14ª edición, como sempre, no Campus de Lugo da USC, ofrecendo un total de 95 prazas a alumnado de 3º e 4º curso de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP. O programa incluirá obradoiros, visitas e actividades de lecer xunto coa realización de proxectos cos que achegarse ao día a día da investigación académica que se realiza na USC.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/06/2026 ata o 04/07/2026

Inscricións:

Dende o 08/05/2026 ata o 17/05/2026

Prezo:

250 €

Inclúe:

  • - aloxamento en residencias do Campus
  • - pensión completa 
  • - participación nas actividades do Campus
  • - programa de tarde e noite Lumieira Acompaña
  • - material necesario para o Campus
  • - seguro
  • - acompañamento de monitores titulados 

Requisitos:

  • Alumnado de 3º e 4º ESO, Bacharelato e/ou ciclos medios de FP
  • A idade máxima é 19 anos.

Páxina web:

https://xuvenciencia.org/campus

Contacto:

XuvenCiencia USC

correo-e: xuvenciencia@usc.es

O programa do Campus de Verán XuvenCiencia céntrase na realización de proxectos científicos e obradoiros e complétase con outras actividades como xincanas, visitas, concursos, festas, etc.

Oferta actividades nos ámbitos científico-técnico e científico-social, así como no campo das artes e das humanidades. O reparto de ditas actividades faise segundo as preferencias indicadas na preinscrición.

A partir das 18:00 h levaranse a cabo actividades lúdicas dentro do programa de lecer Lumieira Acompaña.

Preinscrición: na web https://xuvenciencia.org/campus

A metade das prazas ofertadas adxudicarase por orde de recepción de solicitudes, mentres que o resto serán sorteadas entre todo o alumnado inscrito.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión