O Cineclub Bóveda, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, programa unha nova sesión de cinema para este mes coa proxección da película "A moza da cidade" (1930), do famoso director alemán F. W. Murnau, unha película que preserva unha absoluta modernidade e unha beleza plástica raras veces vista nunha pantalla.
Para público en xeral
19/06/2026
19:30 h.
de balde, previa inscrición na web https://acalexandreboveda.gal
A. C. Alexandre Bóveda
Rúa San Andrés, 36, 1º, Edificio do Circo de Artesáns (15003 - A Coruña)
tel.: 981 200 869
correo-e: info@acalexandreboveda.gal
O filme narra a historia dunha camarera de Chicago que se enamora dun granxeiro de Minnesota e decide emprender con el unha vida no campo.
A sesión contará coa presentación de Martin Pawley, crítico e programador para quen esta é a súa película favorita de toda a historia.
LUGAR: sede da AC Alexandre Bóveda
Dende o 11/06/2026 ata o 30/06/2026
Dende o 05/06/2026 ata o 28/06/2026
Dende o 15/06/2026 ata o 06/07/2026
para alumnado de novo acceso
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible