Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Corufest 2026

O festival de artes escénicas pola diversidade afectivo-sexual Corufest celebra a súa 9ª edición cunha ampla variedade de propostas culturais e artísticas de teatro, danza, encontros e literatura baixo o lema "Unha cidade que acolle, unha cultura que transforma"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/05/2026 ata o 17/05/2026

Páxina web:

www.coruna.gal

Contacto:

PROGRAMA:

  • 6 de maio ás 20.30 h. no Teatro Colón: concerto de Xoán Fórneas "O Xoán" (entradas en https://entradas.ataquilla.com)
  • 7 de maio ás 19.30 h. na Biblioteca Municipal Ágora: entrega do Recoñecemento Samuel Luiz ao compromiso social coa visibilidade LGTBIQ+ a Boti García Rodrigo +  encontro "Escritas desbordadas: Narrar o que incomoda", con Daniel Amarelo, Nee Barros e Alva Lourenço, coordinadores da "Guia de linguagem não binária", Andrea Nunes e Leticia Citoula, coordinadoras de "Razóns de peso", e Miguel Calvo Marques autor de "As esquinas" (entrada libre)
  • 8 de maio ás 20.30 h. no Teatro Rosalía: espectáculo de danza "Orgía"' (entradas en https://entradas.ataquilla.com)
  • 9 de maio ás 20.30 h. no Centro Cívico dos Mallos: representación da obra "Manual para follarse a un macho con vagina" (entrada libre)
  • 12 de maio ás 19.00 h. na Casa Museo Casares Quiroga: inauguración da exposición "Maricones y travestis a la calle" e performance por parte do autor, o artista visual galego Sergio Marey (entrada libre)
  • 13 e 14 de maio de 16.00 a 20.00 h. no Centro Ágora: laboratorio escénico "Drama, Glitter y Revolución", un obradoiro a cargo da actriz, creadora e docente Noemí Rodríguez (prazas limitadas)
  • 13 de maio ás 20.30 h. no Teatro Colón: representación teatral "Manual básico de lengua de signos para romper corazones" (entradas en https://entradas.ataquilla.com)
  • 14 de maio ás 20.30 h. no Teatro Rosalía: representación da peza "Caballito de mar" (entradas en https://entradas.ataquilla.com)
  • 15 de maio ás 18.00 h. no Galgo Azul: encontro "Dereitos culturais e identidade LGTBIQ+" (entrada libre)
  • 16 de maio ás 20.30 h. no Centro Ágora: espectáculo de danza "Nik·Eu 2.0" (entradas en https://entradas.ataquilla.com)
  • 17 de maio ás 12.30 h. no Galgo Azulencontro co escritor, profesor e activista galego Ismael Ramos (entrada libre)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión