Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Descubre o Lazareto e o Sanatorio de Oza

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha actividade para coñecer a historia e o patrimonio sanitario da Coruña a través dun percorrido polo antigo Lazareto e o Sanatorio de Oza. A proposta combina contextualización histórica, fotografías e material audiovisual para descubrir a evolución destes espazos e a súa importancia na memoria da cidade.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30 de setembro, 14 e 21 de outubro de 2026

Inscricións:

Dende o 23/09/2026 ata o 29/09/2026

Número de prazas:

Limitadas.

Prezo:

De balde.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/bibliotecas

Contacto:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais

R/ Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Tel. 981 184 386

bestudiosl@coruna.gal

Programa:

1ª sesión: A creación do Lazareto e do Sanatorio de Oza

30 de setembro, ás 18:00 h.

Contextualización histórica da creación destas institucións sanitarias.

2ª sesión: Historia e traxectoria do Lazareto e do Sanatorio de Oza

14 de outubro, ás 18:00 h.

Coñeceremos a evolución e o papel destas institucións na historia sanitaria da Coruña.

As dúas primeiras sesións celebraranse na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (2 horas).

3ª sesión: Proxección e memoria audiovisual no CGAI

21 de outubro, ás 17:00 h.

Proxección dun curto documental sobre o Lazareto e o Sanatorio de Oza, acompañado de fotografías e comentarios de Carlos González Guitián no CGAI (1 hora).

Sobre o relator:

Carlos González Guitián é doutor en Historia e especialista en documentación científica e historia da medicina. Foi xefe da Biblioteca do CHUAC e coordinador de Bibliosaúde. Conta con diversos estudos sobre a historia das institucións sanitarias da Coruña.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión